PUBLICIDADE

O festival Emulart de Barbadás inclúe 15 actividades culturais e artísticas durante seis días

Acto de presentación do festival cultural Emulart que se desenvolverá en Barbadás dende o sábado 12 ata o domingo 20 de xulloActo de presentación do festival cultural Emulart que se desenvolverá en Barbadás dende o sábado 12 ata o domingo 20 de xullo

O festival cultural Emulart, que chega a súa segunda edición, está impulsado pola veciñanza da parroquia de Sobrado do Bispo e desenvolverase do 12 ao 20 de xullo

O festival cultural Emulart de Barbadás celebra a súa segunda edición en Sobrado do Bispo do 12 ao 20 de xullo, cunha programación que inclúe 15 actividades culturais e artísticas pensadas para todos os públicos. A iniciativa, impulsada polos propios veciños e veciñas da parroquia, conta coa colaboración do Concello de Barbadás a través da Concellería de Cultura.

O festival Emulart desenvolverase en distintos espazos da vila coma prazas, o convento ou o bar, e ofrecerá concertos de música clásica, contemporánea e tradicional, exposicións, curtametraxes, escultura e outras expresións artísticas. O concerto inaugural terá lugar mañá venres 12 xullo na igrexa de Sobrado, a cargo de Rafael Yebra e Oswaldo Oro.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, puxo en valor o papel de Sobrado como “faro cultural e referente dentro do concello”, e destacou o compromiso do goberno local coa dinamización do rural a través da cultura. Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Ana Peleteiro, anima á veciñanza a participar: “É unha oportunidade única para desfrutar da cultura no propio barrio, feita desde dentro e para todos”.

PUBLICIDADE

O festival Emulart naceu como un espazo de encontro e expresión artística que aspira a converter Sobrado e Barbadás no epicentro cultural da comarca durante unha semana.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.