O Festival Buena Vibra de inicio de verán chega mañá de novo ao parque municipal do Carballiño, unha cita familiar e festiva que mestura música, baile, gastronomía e diversión para todas as idades. O evento, organizado por Centro Comercial Diviértete coa colaboración de Gimnasio Fitness Salud, Joyería JG, Z Entertainmet e Gemelos Team, dará comezo ás 13:00 horas e prolongarase ata ben entrada a madrugada.
A programación do Festival Buena Vibra do Carballiño, que se desenvolverá mañá venres, inclúe actuacións de artistas internacionais como DJ Lina Woo e o cantante Davy Music, chegados desde Cali (Colombia), o DJ techno Karl Menex desde Barcelona, así como as bailarinas BM Crew desde Portugal. O grupo de baile Teen Angels e varios espectáculos de gogós, lume e queimada completan a oferta artística, pensada tanto para público mozo como familiar.
Durante todo o festival, o recinto contará con inchables, toro mecánico e xogos para nenos e adultos, así como unha animada festa da camiseta mollada, para a cal se recomenda traer bañador e muda de roupa.
A parte gastronómica terá un protagonismo especial, con postos de comida abertos de 13:00 a 23:30 horas. Destaca a taberna con mesas, na que se poderá degustar un menú completo por 15 euros: churrasco de porco con ensalada mixta, arroz, medio criollo, medio chourizo. A taberna tamén contará con pan de Cea, sobremesas, bebidas e licores variados. Tamén estarán presentes o posto de hamburguesas e hot dogs, a pizzería Bella Donna e o kebab RicoRico.
O Festival Buena Vibra de inicio de verán do Carballiño está deseñado como un evento seguro, inclusivo e pensado para gozar en familia ou con amizades, grazas á presenza de profesionais da música e da restauración, así como dun equipo técnico e de seguridade que garante unha experiencia divertida e sen incidentes. Para máis información e reservas pódese contactar nos teléfonos: 632 721 331 e no 662 559 442 ou ben a través de Instagram: @festivalbuenavibra25



