PUBLICIDADE

O Concello de Santiago confirma que a familia Franco asume devolver as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria

A alcaldesa de Santiago recibiu un burofax do avogado da familia Franco no que recolle a vontade expresa de cumprir a sentenza que a obriga a devolver as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria atribuídas ao Mestre MateoA alcaldesa de Santiago recibiu un burofax do avogado da familia Franco no que recolle a vontade expresa de cumprir a sentenza que a obriga a devolver as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria atribuídas ao Mestre Mateo

O Concello de Santiago recibiu un burofax da familia Franco no que expresa a súa vontade de cumprir coa sentenza que a obriga a devolver as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria atribuídas ao Mestre Mateo

A alcaldesa do Concello de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu ante os medios de comunicación para informar de que recibiu un burofax do avogado da familia Franco no que recolle a vontade expresa de cumprir a sentenza que a obriga a devolver as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria atribuídas ao Mestre Mateo.

A rexedora compostelá deu instrucións internas para iniciar os trámites co fin de traer de volta as dúas figuras o máis axiña posible e indicou que o Concello de Santiago se porá en contacto coa Administración do Estado e a Dirección Xeral de Patrimonio.

Na carta remitida este mércores, os herdeiros de Franco manifestan que “asumen a sentenza e están en disposición de entregar as estatuas de maneira inmediata”, cumprindo co dictado xudicial “de maneira voluntaria e total”. 

PUBLICIDADE

Goretti Sanmartín explicou tamén que xa deu instrucións internas para iniciar as accións que se deben adoptar, a comezar por analizar cal é procedemento e para “buscar a maneira más rápida de traer as estatuas” de novo para Compostela.

En canto á localización, a rexedora confirmou que se traballará da man das persoas expertas para buscar o mellor sitio, que reúna as condicións técnicas de conservación e tamén poidan estar expostas ao público permanentemente. Ademais, a alcaldesa indicou que ligada á devolución das estatuas, deberá haber unha explicación que fique para as xeracións vindeiras e actuais.

Goretti Sanmartín recoñeceu o traballo de todos os colectivos de loita pola memoria histórica e singularmente á asociación O Sorriso de Daniel. Tamén fixo extensivos os recoñecementos aos agradecementos a persoas, entidades e institucións, os alcaldes Martiño Noriega e Xosé Sánchez Bugallo, ao persoal da Asesoría Xurídica e de Patrimonio do Concello e a todos os colectivos que levan anos “deixándose a pel para facer realidade que o que foi espoliado e roubado volva a onde non debeu saír”. 

En definitiva, Goretti Sanmartín remarcou que onte deron os primeiros pasos para que, da maneira máis rápida posible, traer os profetas para o concello, e iniciamos o procedemento de consulta e asesoramento de escoita para decidir os requisitos de conservación técnica e de exposición pública.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, durante a súa comparecencia para confirmar a vontade da familia Franco de cumprir a sentenza e devolver as estatuas a Compostela
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.