Pedro Fanego proclamouse campión na última proba da Liga de Escalada promoción de Galicia 2025 que se disputou na cidade de Ourense a finais de xuño
Pedro Fanego, deportista amesán veciño de Bertamiráns proclamouse a finais de xuño, coa disputa da cuarta e última proba na cidade de Ourense, campión da da Liga de Escalada promoción de Galicia 2025 na categoría cadete.
O amesán Pedro Fanego rematou a cita como primeiro clasificado, o que lle permitiu proclamarse finalmente como campión, despois de rematar as tres anteriores citas, entre os meses de abril e xuño, tamén como primeiro clasificado.
Pedro Fanego adestra na Asociación de Montañeiros Independentes (AMI) da Coruña dende o pasado mes de setembro de 2024, equipo que acadou o primeiro posto como Mellor club da Liga Galega de Escalada nesta temporada.



