PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Mercado Artesanal de Nadal enche de creatividade a alameda de Ordes

PorBisbarra

Luns, 23 Decembro 2024 , ,
O Mercado Artesanal de Nadal de Ordes pódese visitar ata o 24 de decembro na alameda do Soldado LoisO Mercado Artesanal de Nadal de Ordes pódese visitar ata o 24 de decembro na alameda do Soldado Lois

O Mercado Artesanal de Nadal abriu as súas portas na alameda o día 20, pecha mañá e nel se poden adquirir abelorios, roupa, xoguetes ou produtos de alimentación

O Mercado Artesanal de Nadal do Concello de Ordes está a desenvolverse, dende o pasado día 20 e ata o 24 de decembro, na alameda do Soldado Lois, como vén sendo tradición todos os anos por estas datas. Unha gran carpa acolle o Mercado Artesanal, aberto ao público de 10:30 a 21:00 horas, agás mañá, o día de Noiteboa, que abrirá só ata as 14:00 horas.

O Mercado Artesanal de Nadal ofrece á veciñanza e aos visitantes de Ordes unha oportunidade de adquirir produtos elaborados na súa maioría de xeito artesanal con diferentes materiais como tecidos de la, abelorios, macetas, xogos e xoguetes, bonecas, cestos de vimbio, padeiretas, roupa, bolsos, adornos domésticos, doces, lambetadas e un gran abano de obxectos e produtos alimentarios.

Dende o Concello de Ordes quérese facilitar, coa organización do tradicional Mercado Artesanal de Nadal, a oportunidade de adquirir comodamente agasallos para estas festas, ao tempo que se contribúe coa sostibilidade e o mantemento da rede artesanía tanto local como galega.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Mercado Artesanal de Nadal forma parte do programa de actividades organizadas polo Concello durante estas festas, un programa que inclúe unha ampla variedade de actividades e iniciativas lúdicas e culturais pensadas para todas as idades e especialmente para desfrutar en familia.

Mercado Artesanal de Nadal no Concello de Ordes que se pode visitar ata o 24 de decembro
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.