PUBLICIDADE

O Premio Despunte 2026 ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao de Deseño de Moda foi para a santiaguesa Lidia García pola súa colección Esmorecen. O Museo Cetro Gaiás na Cidade da Cultura acolleu o desfile e a gala, na súa décimo sexta edición, de entrega dos galardóns aos mellores proxectos de fin de ciclo de Moda do alumnado da EASD Mestre Mateo, nun acto conducido por Rocío R. Padín e que congrecou a máis de 700 persoas.

Lidia García recibiu un premio de 1.500 euros, que foi entregado por Sara Vázquez, CEO e directora creativa e de tendencias de Euro Prosem, e por Eugenia Pérez, directora xeral de Ensinanzas Artísticas. Durante a gala, tras o desfile, tamén se recoñeceu o traballo de Israel Rúa, Lo que deja el silencio, co Premio Miscelánea á Mellor Colección de Moda de 3º curso, dotado con 500 euros. Inés de Sáa, directora de Digipress, foi a encargada de entregarlle o premio.

O Premio Fusión Artesanía e Moda á Mellor Colección recaeu en Ainhoa Iglesias Brea polo seu traballo De perna mala non se olvida. Un galardón dotado con 1.500 euros que Iglesias recibiu de mans de Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia.

PUBLICIDADE

O desfile das coleccións de moda do alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASD MM) é o gran protagonista dun evento xa consolidado no panorama galego, pero tamén é o marco no que se entregan os galardóns a tódalas disciplinas impartidas no centro. Moitos destes traballos, co obxecto de darlle mais visibilidade, desde o 26 de febreiro e ata o 15 de marzo, está aberta ao público na Fundación Eugenio Granell a exposición Despunte’26 cos cinco mellores proxectos finais do alumnado de Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística.

Nestas materias, os gañadores do Premio A Lingua: Arte da túa Terra 2026, dotado con 200 euros, foron Carla Bernárdez (Fotografía), Diego Ares (Técnicas Escultóricas) e Laura Sabel (Deseño de Produto). Pola súa banda, Anxo Pita recibiu o Premio de Deseño Circular 2026 ao Mellor Proxecto realizado con pneumático reciclado, dotado con 500 euros.

Premio Despunte aos mellores traballos fin de ciclo

No caso dos proxectos final de ciclo, Mateo Jáuregui conseguiu o Premio Despunte ao Mellor Proxecto de Fotografía por Raíces; César Loza, con Reprodución do busto do emperador Aulio Vitelo, fixo o propio recibindo o Premio Despunte ao Mellor Proxecto de Técnicas Escultóricas e Sandra Marcuño recolleu o Premio ao Mellor Protecto de Xoiaría Artística por Isomorfías, todos eles cunha dotación de 500 euros. Finalmente, Ana Picos foi a gañadora do Premio Despunte 2026 ao Mellor Proxecto Fin de Ciclo de Deseño de Produto, dotado con 1.500 euros, polo seu traballo Amano.

Durante a mañá do xoves, o evento serviu como punto de encontro para xornadas de recrutamento de talento por parte de destacadas marcas do sector téxtil como Bimba y Lola, Adolfo Domínguez, Textil Lonia, El Pulpo, Pull&Bear ou Zara, consolidando o vencello entre as ensinanzas artísticas e o mundo profesional.

Un dos obxectivos principais destes premios é o de visibilizar o traballo do alumnado da EASD Mestre Mateo, nunha edición que coicidiu coa celebración dunha staff week de Erasmus que á escola compostelá a tres docentes da Centar de Mostar (Bosnia), a través do Consorcio de Artes e 4 docentes da Ongulasma Enstituleri de Izmir (Esmirna, Turquía) e do CAFI.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.