O veciño de Rois José Veiga recibiu a visita do alcalde, Ramón Tojo, e da concelleira Mercedes Basante, para parabenizalo polo seu 106 aniversario que celebrou o 18 de xullo, sendo a persoa máis lonxeva do concello.
José Veiga recibiu tamén un agasallo do Concello de Rois consistente nunha pintura feita expresamente co gallo do 106 aniversario polo artista local Adrián Hermida, que se inspirou nas paisaxes de Cabanela, en Urdilde, o lugar no que reside Veiga.
José Veiga, que é moi afeccionado á lectura e gran conversador, celebrou os seus 106 anos xunto a toda a súa familia, dando mostras dunha vitalidade envexable.




