PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
O xurado do Premio Ourensanía 2024 da Deputación Provincial presidido por Luis MenorO xurado do Premio Ourensanía 2024 da Deputación Provincial presidido por Luis Menor

A Deputación concede o Premio Ourensanía como recoñecento honorífico a aquelas persoas vencelladas á provincia que destacan nas súas distintas facetas

O xurado do Premio Ourensanía 2024, que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aquelas persoas vencelladas á provincia que destacan nas súas facetas laboral, cultural ou social, vén de anunciar que o galardoado nesta edición é o empresario mexicano Olegario Vázquez Raña.

A decisión do xurado do Premio Ourensanía destaca do empresario “pola súa especial vinculación con Ourense, en particular co concello de Avión, lazos que cobran máis importancia tendo en conta a súa traxectoria, proxección internacional tanto en México e América como no resto do mundo“.

A decisión de conceder o Premio Ourensanía 2024 foi adoptada por unanimidade do xurado, presidido polo presidente provincial Luis Menor que mantivo unha conversa telefónica co empresario para informarlle persoalmente da concesión da distinción, que Vázquez Raña aceptou e agradeceu polo seu significado e anunciou que viaxará a Ourense para recoller en persoa o galardón.

PUBLICIDADE

Olegario Vázquez Raña, Premio Ourensanía 2024

Olegario Vázquez Raña naceu en Cidade de México o 10 de decembro de 1935, tan só dez anos despois de que a súa familia natural do concello de Avión, chegara a este país. A andaina empresarial da familia comezou coa tenda Almacenes Vázquez, un comercio que cos anos transformouse no Grupo Empresarial Ángeles, fundado no ano 1998

Na actualidade, o Grupo Empresarial Ángeles que contén as compañías: Hospitales Ángeles, a cadea de hoteis Caminos Real, Grupo Financiero Multiva, a construtora Prodemex e Grupo Imagen, este último un conglomerado de medios de comunicación

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.