PUBLICIDADE

A Xunta concreta vías de colaboración con Castrelo de Miño

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o director xeral de Comercio e Consumo reuníronse co alcalde de Castrelo de Miño.O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o director xeral de Comercio e Consumo reuníronse co alcalde de Castrelo de Miño.

A Xunta de Galicia e o Concello de Castrelo de Miño avanzan na colaboración entre administracións. Así se demostrou na reunión mantida entre o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. Neste encontro abordáronse ferramentas como os obradoiros de emprego, o programa Aprol Rural e o festival Espírito Ribeiro, que vén sendo apoiado pola Fundación Artesanía de Galicia.

No primeiro caso, cabe destacar o apoio do Goberno galego ao obradoiro dual Territorio Avia-Miño, compartido entre os concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia e Carballeda de Avia. Este programa formativo recibiu unha axuda autonómica de preto de 426.000 euros no marco da convocatoria deste ano. Neste sentido, unha vintena de persoas participantes recibirán formación ao tempo que desempeñan un traballo remunerado. Máis en concreto, a formación céntrase, por unha banda, en servizos de bar e cafetaría; e, pola outra, en operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

De cara a anos vindeiros, puxéronse sobre a mesa propostas novas que poderían ser obxecto doutros obradoiros de emprego compartidos entre varios consistorios e apoiados pola Xunta, co gallo de dinamizar a súa economía e emprego.

PUBLICIDADE

APROL RURAL E FESTIVAL ESPÍRITO RIBEIRO

No encontro tratáronse outras vías de colaboración con Castrelo de Miño como o programa Aprol Rural. Así, grazas a unha achega autonómica superior aos 54.000 euros, permitiu a contratación este ano de tres persoas para de levar a cabo tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais nas faixas secundarias. Máis en concreto, para realizar traballos de planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.

Por último, na xuntanza abordouse o apoio da Fundación Artesanía de Galicia ao festival Espírito Ribeiro, que terá continuidade en 2025 e que implica os concellos de Castrelo de Miño, A Arnoia e Cenlle.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.