PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

‘Outono a escena’, fins de semana culturais e entretemento para todos os públicos

PorBisbarra

Martes, 1 Outubro 2024 ,
Actuación de Pakolas na pasada edición do 'Outono a escena' no Concello de ArzúaActuación de Pakolas na pasada edición do 'Outono a escena' na Capela da Madanela no Concello de Arzúa

O programa cultural ‘Outono a escena’ de Arzúa ofertará 14 propostas de espectáculos e concertos durante os meses de outubro e novembro

O Outono a escena, programa cultural do Concello de Arzúa, chega a súa novena edición cunha ampla axenda de música e artes escénicas para todos os públicos. Unha iniciativa que se desenvolverá durante as fins de semana dos meses de outubro e novembro.

Outono a escena ofertará un total de 14 propostas culturais, e terá como escenario principal o da Capela da Madanela, que acollerá durante estes dous meses diversos espectáculos repartidos entre os Venres na Capela, para público adulto, e os Sabados en familia, para público infantil. Todas actuacións son de acceso libre ata completar o aforo.

O programa cultural comeza este sábado 5 de outubro coa primeira función, ás 18:00 horas, dirixida ao público infantil, coa música e o espectáculo Palabras a cargo da compañía Baobab Teatro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os Sábados en familia tamén ofrecerán unha función de teatro infantil que forma parte do programa Camiño Escena Norte, no que o Concello de Arzúa participa un ano máis. Será a obra El jardín de Oliva, dos navarros Pájaros Pintados, o sábado 19 de outubro ás 18:00 horas.

Dentro das propostas dos Venres na Capela, o Outono a escena ofrecerá o 18 de outubro (20:30 horas) a presentación do libro Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscópicos de Xosé Carlos Carracedo Porto. E o venres 25, será a quenda do espectáculo de narración oral e música de autora Matrioskas, de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira.

A gran novidade desta novena edición do Outono a escena de Arzúa, é a organización do Culturgal Expandido, que reunirá ao mellor da cultura galega con literatura, música e teatro os días 11 e 12 de outubro. A programación continúa no mes de novembro con monólogos, e tamén con actividades dirixidas ao público escolar co gallo do Día da Infancia.

O concelleiro de Cultura de Arzúa, José Luis García, convidou á veciñanza e aos visitantes a “participar desta completa programación pensada para todos os públicos e como lugar de encontro e entretemento nas tardes de outono” e destacou a “importancia” da colaboración cos centros educativos para a programación de numerosas actividades en horario lectivo, “asegurando a participación de centos de nenos e nenas nas actividades culturais do concello”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.