PUBLICIDADE

Roni Herrán expón ‘ExNihilo… ExMateria…’ na Área Empresarial do Tambre

A artista multidisciplinar Roni Herrán, no seu estudo, expón ata finais de agosto na Área Empresarial do Tambre a súa mostra 'ExNihilo... ExMateria...'A artista multidisciplinar Roni Herrán, no seu estudo, expón ata finais de agosto na Área Empresarial do Tambre a súa mostra 'ExNihilo... ExMateria...'

A mostra de Roni Herrán, que se pode visitar ata o 29 de agosto, está composta de pinturas, ilustracións e esculturas que indagan nas dimensións social e individual na construción da identidade

Roni Herrán, artista multidisciplinar, inaugurou onte nas instalacións da Asociación Área Empresarial do Tambre en Santiago, a súa exposición de pintura, ilustración e escultura, ExNihilo… ExMateria… Trátase dunha selección de pinturas e ilustracións, e outras tantas esculturas, realizadas con óleo, técnicas mixtas, instalación, forxa, cerámica, gravado ao ácido, soldadura, dourado con pan de ouro ou técnica de baleirado e bioplásticos.

Segundo explicou o propio autor Roni Herrán durante a presentación da mostra, o título da exposición fai referencia a dúas ideas complementarias sobre a construción da identidade: Ex Nihilo e Ex Materia.

Ex Nihilo significa dende a nada e alude á parte intanxible, interna ou simbólica da identidade, que parece xurdir sen forma previa, e Ex Materia significa desde a materia e representa o paso ao concreto, ao corpo, ao visible”, explica Herrán quen precisa que a exposición parte desa tensión entre o invisible e o material, entre o que somos e o que se nos impón, para trasladalo á linguaxe escultórica e pictórica.

PUBLICIDADE

A artista destaca que a mostra reflexiona sobre a construción da identidade a través de dous proxectos que abordan as súas dúas grandes dimensións: a individual e a social. Apunta que a exposición nace dunha necesidade de comprender como se forma a identidade, desde o interno e o externo, “o que nos moldea e o que decidimos soster”.

Os interesados en visitar ExNihilo… ExMateria… da ourensana Roni Herrán poderá facelo ata o vindeiro 29 de agosto, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Dende a Asociaición Área Empresarial do Tambre de Santiago recomendan avisar previamente da visita no teléfono 981 553 850.

Escultura da artista multidisciplinar Roni Herrán que expón ata finais de agosto na Área Empresarial do Tambre a súa mostra 'ExNihilo... ExMateria...'
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.