PUBLICIDADE

Vilasantar celebra a súa Festa dos Maiores con case 200 participantes

A Festa dos Maiores de Vilasantar congregou no pavillón de Présaras a cese 200 participantesA Festa dos Maiores de Vilasantar congregou no pavillón de Présaras a cese 200 participantes

Ao remate da Festa dos Maiores todos os participantes recibiron dous agasallos do Cocello, un prato ornamental artesanal de Mónica Coto e unha carteira de coiro manofacturada por Celsa Gómez

O Concello de Vilasantar celebrou, o pasado sábado, a Festa dos Maiores, unha xornada para homenaxear aos veciños e ás veciñas de máis de 60 anos. Así pois, o pavillón de Présaras acolleu un xantar ao que acudiron case 200 comensais.

A Festa dos Maiores comezou cunha misa solemne na igrexa de Présaras, para seguir cunha comida no polideportivo, que foi de balde para a veciñanza empadroada en Vilasantar. O menú estivo composto por empanada de bonito, polbo á feira, xarrete de tenreira galega e sobremesa tradicional. Ademais, a xornada estivo amenizada pola música de Os Trasnos.

Tras o xantar da Festa do Maiores, o Concello de Vilasantar entregou dous agasallos a cada persoa. Por unha banda, un prato ornamental feito e pintado a man por Mónica Coto, con variacións na forma, cores e debuxo, cada peza é única. Por outra banda, unha carteira de coiro manufacturada por Celsa Gómez, nun xesto de voluntariedade e xenerosidade cara a veciñanza vilasantaresa.

PUBLICIDADE

Tras agradecer a participación na Festa dos Maiores, o alcalde, Fernando Fernández Pérez, fixo fincapé “no apoio ao talento feminino do Concello de Vilasantar”. Neste sentido, destacou ás creadoras dos agasallos: Celsa Gómez, veciña vilasantaresa e profesora de costura e patchworking no municipio, e Mónica Coto ten fortes vínculos familiares coa localidade.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.