O presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, visitou e mativo unha xuntanza coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, na que abordaron asuntos de relevancia para ambas institucións en materia deportiva
O presidente da Federación Galega de Fútbol (RFGF), Pablo Prieto, visitou o Concello de Teo e mantivo unha xuntanza institucional coa súa alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, esta semana unha xuntanza institucional co presidente da Federación Galega de Fútbol. Prieto mostrou interese por coñecer o talento deportivo do municipio teense. Así, na xuntanza, na que tamén participou o director xeral na RFGF, Carmelo Galiñanes, abordáronse distintos asuntos de relevancia para ambas institucións en materia deportiva.
Ademais, Calvo, Prieto e Galiñanes conversaron sobre a historia dos equipos de Teo e o pulo acadado nos últimos anos, destacando o recente ascenso da SD Cacheiras á Primeira Futgal, que se une á mesma categoría que o Praíña SC e a SR San Xoán de Calo; mentres que o Recesende e o Rarís permanecen na 3ª Futgal. Un total de cinco equipos federados que poñen de manifesto a importancia do fútbol no concello.
Tamén abordaron o duro traballo dos clubs para mellorar as canteiras e seguir inculcando os valores de respecto, constancia e compañerismo entre a rapazada das categorías de base. Neste senso, puxeron tamén en valor o compromiso de grandes clubs galegos por fomentar actividades complementarias nas instalacións municipais, ofertando novas opcións de formación para toda a cativada.



