PUBLICIDADE

A veciñanza de Santiago poderá ver a final da Eurocopa nunha pantalla xigante na Praza Roxa

Foto: EnvatoFoto: Envato

A Deputación da Coruña será a encargada da súa instalación. O partido é o domingo ás 21.00 horas.

veciñanza de Santiago poderá desfrutar o vindeiro domingo 14 de xullo do partido da final da Eurocopa nunha pantalla xigante que a Deputación da Coruña instalará na Praza Roxa. A institución provincial conivida a todos os afeccionados e afeccionadas da selección española en Compostela e a súa contorna a gozar xuntos do encontro.

A Deputación solicitou a pertinente autorización ao Concello de Santiago para proceder á colocación da pantalla, onde se poderá ver o partido España-Inglaterra que comezará a partir das 21.00 horas, e no que o combinado nacional ten a oportunidade de gañar o seu cuarto título continental.

‘La Roja’, sobrenome co que se coñece á selección española, chega a esta final logo do partido decisivo do campionato europeo disputado en Alemaña despois de quedar primeira na fase de grupos ante Italia, Croacia e Albania. Posteriormente, nos cruces eliminatorios, venceu a Albania, a anfitriona Alemaña e a Francia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE