PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de Fene pon en marcha o I Trofeo Triangular de fútbol cos tres clubes da cidade

PorBisbarra

Mércores, 31 Xullo 2024 ,
Os xogadores do Barallobre celebran un gol na pasada tempada (Foto: SD Barallobre) Os xogadores do Barallobre celebran un gol na pasada tempada (Foto: SD Barallobre)

O campionato triangular, que “nace con vocación de continuidade”, se disputa o 10 de agosto

O campo do Cultural Maniños acollerá o vindeiro 10 de agosto a primeira edición do Trofeo Triangular de Fútbol Concello de Fene no que tomarán parte a SD Barallobre, o Cultural Maniños e o CCRD de Perlio. Poderán participar tantos xogadores por encontro como licencias federativas teña o club.

O torneo xogarase atendendo ao sistema de todos contra todos, é dicir, cada equipo enfrontarase aos outros dous unha vez en partidos de 45 minutos cun descanso de 15 minutos entre eles.

O regulamento do Trofeo foi consensuado polo concelleiro de Deportes, Adán Chao, cos clubs participantes. O edil asegurou que o torneo “nace con vocación de continuidade e coa idea de estreitar lazos entre os equipos do municipio”, indicou o edil durante a presentación.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.