PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Club de Remo de Ares incorpora á súa frota un esquife adaptado

PorBisbarra

Mércores, 31 Xullo 2024 , , , ,
Martina Aneiros durante a súa visita ao Club de Remo de Ares e mediados de xullo Martina Aneiros durante a súa visita ao Club de Remo de Ares e mediados de xullo

A Xunta de Galicia subvencionou esta adquisición do club de remo cunha achega de 6.200 euros

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o pasado 17 de xullo pola tarde ao Club de Remo de Ares, acompañada polo seu presidente Germán Sánchez, entre outros membros da directiva, que fixeron de anfitrións polas novas instalacións e deu a coñecer os proxectos de futuro da entidade deportiva.

O club vén de incorporar á súa frota de embarcacións un esquife adaptado (un tipo de embarcación de competición de remo deseñado para unha soa persoa) adquirido grazas a unha subvención de 6.200 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e que se enmarca dentro da liña de axudas para equipamento deportivo adaptado que o Goberno galego convocou por primeira vez o ano pasado. 

Unha embarcación que permitirá competir ao club de remo de Ares nunha modalidade na que ata o de agora non tiña presenza, o remo adaptado.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Na área de Ferrolterra tamén se beneficiaron destas achegas o Club Cabanas KDM, a Agrupación de Deportiva Minusválidos Ferrol, o club hípico Equo Alalma, de Ferrol; o club Pulpeiros Mugardos; o club tenis de mesa Cidade de Narón, e o club Náutico Folixa, das Pontes. O importe conxunto de todas esta axudas ascende a preto de 34.000 euros.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.