Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrolterra, mantivo onte a mañá unha reunión de traballo co presidente do Club Atletismo Narón, Miguel Soto, coa finalidade de interesarse polos proxectos nos que se atopa inmersa actualmente a entidade deportiva que dende hai 37 anos traballa activamente no fomento da actividade saudable dos deportistas da comarca a través do atletismo.
O encontro, enmárcase dentro da rolda de contactos que, de forma habitual, vén mantendo Martina Aneiros, representante do Goberno galego co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.



