PUBLICIDADE

O Aquapark de Cerceda rexistra o segundo mellor xuño da súa historia

O Aquapark do concello de Cerceda abriu hoxe ao mediodía as súas portas ao público e permanecerá aberto ata o vindeiro 7 de setembroO Aquapark do Concello de Cerceda, que abriu as súas portas a primeiros de xuño, vendeu 22.000 entradas só neste mes, rexistrando o segundo mellor inicio de campaña dende a inauguración inauguración do parque

O Aquapark recibiu, dende su apertura o 9 de xuño, un total de 22.200 visitantes, unha cifra só superada polas 24.000 entradas vendidas no 2015, e bateu o récord histórico nunha soa xornada con 3.272 tiques dispensados

O Aquapark do Concello de Cerceda acaba de vivir un comezo de tempada estival excepcional, con cifras que apuntan a un dos mellores veráns da súa historia. Durante o mes de xuño, vendéronse un total de 22.200 entradas, o que converte este mes no segundo mellor xuño dende a inauguración do parque acuático, cifra só superada no ano 2015, cando se alcanzaron as 24.000 visitas.

Este rexistro de venda de entradas do Aquapark, explican nun comunicado do Concello, cobra especial valor ao ter en conta que o parque abriu este ano o 9 de xuño, máis tarde que noutros exercicios. A curta marxe de apertura non impediu que os visitantes acudisen en masa ás instalacións, aproveitando o bo tempo e a ampla oferta de lecer.

En comparación co ano pasado, o crecemento da asistencia ao Aquapark é espectacular: en xuño de 2024 apenas se superaron os 9.000 visitantes, unha cifra que responde ás malas condicións meteorolóxicas nesa tempada. Se se compara co ano 2023, cando se rexistraron 16.424 entradas, o aumento é de preto dun 30 por cento.

PUBLICIDADE

Ademais, o pasado domingo 29 de xuño supuxo un auténtico fito na historia do parque, cun total de 3.272 entradas vendidas nun só día, converténdose na xornada con maior afluencia de visitantes nun mes de xuño, pois ningún outro día se superaran as 3.000 persoas visitando o recinto.

Con estes datos, as expectativas para os meses de xullo e agosto son especialmente optimistas. O bo ritmo de vendas anticipadas e a previsión de temperaturas altas poderían facer que o verán de 2025 se converta nun dos máis exitosos para o Aquapark de Cerceda desde a súa inauguración.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.