PUBLICIDADE

O Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala chega ao Carballiño e a Maside

O Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, que se disputará o vindeiro luns 8 de decembro, foi presentado no Concello do CarballiñoO Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, que se disputará o vindeiro luns 8 de decembro, foi presentado no Concello do Carballiño

O Campionato Galego de Seleccións Comarcais disputarase o vindeiro luns 8 de decembro e contará con máis de 200 xogadores de 20 equipos infantís, alevíns e benxamíns

O Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala chega o vindeiro luns 8 de decembro ao Carballiño e a Maside. A localidade ourensá acollerá a máis de 200 xogadores de 20 equipos das categorías de infantil, alevín e benxamín que competirán neste gran evento deportivo, no Pavillón Paco Chao e no anexo e no pavillón municipal de Maside para xogar a fase final, que terá lugar en Marín, Pontevedra o 22 de decembro.

O Campionato Galego está promovido pola Real Federación Galega de Fútbol, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello do Carballiño, Concello de Maside e Club Carballiño Fútbol Sala.

“Desde o Concello do Carballiño queremos agradecer a colaboración das institucións, xa que estamos encantados de acoller este evento, que suporá a chegada de arredor dun milleiro de persoas ao municipio, entre xogadores, ténicos e familiares, durante a presentación José Castro, tenente alcalde e concelleiro de Deportes.

PUBLICIDADE

José Manuel Vázquez, do Club Carballiño Fútbol Sala, puxo en valor este tipo de citas deportivas que supoñen “unha oportunidade para seguir dándolle difusión ao fútbol sala” entre as novas xeracións. Manuel Pérez, xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, enxalzou a “gran actividade deportiva” do Carballiño e agradeceu o traballo do goberno local e dos clubes locais.

Pola súa parte, Enrique Álvarez, asesor de Deportes na Deputación de Ourense, destacou a colaboración institucional para levar a cabo eventos de este tipo, “que axudan a poñer O Carballiño no mapa autonómico”. Mentres que Julio Mougán, presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, convidou á poboación a desfrutar da cita deportiva e detallou as claves do campionato. “As 20 seleccións participantes xogan en formato todos contra todos e só se clasifican os dous primeiros de cada categoría para a fase final en Marín”, apuntou.

Os 20 equipos participantes correspóndense coas categorías infantil masculino, alevín masculino,
benxamín mixto, infantil feminina e alevín feminina
.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.