PUBLICIDADE

O Campus Hockey Coruña Bargalló Cancela de Narón reuniu a máis de 200 participantes

O XII Campus Hockey Coruña Bargalló Cancela, coorganizado polo Campus Hockey Coruña, o Club Hockey Narón e o Concello de Narón, desenvolveuse dende o pasado 25 de xuño na localidade de FerrolterraO XII Campus Hockey Coruña Bargalló Cancela, coorganizado polo Campus Hockey Coruña, o Club Hockey Narón e o Concello de Narón, desenvolveuse dende o pasado 25 de xuño na localidade de Ferrolterra

O XII Campus Hockey Coruña desenvolveuse no recentemente estreado pavillón polideportivo do Val e a rapazada gozou de 15 días de adestramentos de alto nivel con xogadores profesionais

O XII Campus Hockey Coruña Bargalló Cancela, coorganizado polo Campus Hockey Coruña, o Club Hockey Narón e o Concello de Narón, desenvolveuse dende o pasado 25 de xuño na localidade de Ferrolterra. Unha edición do encontro, conformado por dúas quendas, que tivo como epicentro o pavillón polideportivo do Val e contou coa colaboración da AVV Irmandiños desta parroquia.

Ao longo de 15 días pasaron polo Campu Hockey máis de 200 nenos e nenas tanto de Narón como chegados dende diferentes puntos de España, Portugal, Italia e incluso a India. A rapazada puido disfrutar de adestramentos de tecnificación de alto nivel, compartindo pista e aprendendo directamente de xogadores e xogadoras de primeira categoría do panorama tanto nacional coma internacional.

O XII Campus Hockey Coruña Bargalló Cancela contou ademais coa implicación de xogadores da OK Liga, máxima categoría da especialidade sobre patíns, con grande proxección de futuro que exerceron como monitores durante as xornadas.

PUBLICIDADE

Ademáis do hockey, nesta edición os participantes puideron gozar doutra serie de actividades como un día de piscina, paintball ou golf grazas á colaboración do Club de Golf Campomar que se atopa nas proximidades do propio pavillón do Val.

Tanto a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, como o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, visitaron en varias ocasións aos participantes, destacando o orgullo que supón para Narón acoller na recentemente estreada pista de hockey do Val, un evento coma este, agradecendo especialmente o traballo realizado polo Club Hockey Narón ao longo de todo o ano.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.