PUBLICIDADE

O I Torneo Pich and Putt dispútase no campo da Sionlla o 25 e 26 de xullo

O I Torneo de Pich and Putt Cidade de Santiago dispútase o 25 e 26 de setembro no campo de golf da SionllaO I Torneo de Pich and Putt Cidade de Santiago dispútase o 25 e 26 de setembro no campo de golf da Sionlla

O I Torneo Pich and Putt, que se enmarca dentro do programa das Festas do Apótolo 2025, abriu hoxe o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 24 de xullo

O Torneo Pitch and Putt Cidade de Santiago terá lugar os vindeiros 25 e 26 de xullo no campo de golf da Sionlla, nunha cita deportiva que se enmarca dentro da programación das Festas do Apóstolo 2025, está organizado conxuntamente polo Compostela Golf e polo Concello de Santiago, e foi presentado esta mesma mañá.

O Torneo Cidade de Santiago desenvolverase no campo da Sionlla, na parroquia de Enfesta, que conta cun percorrido de 18 buratos especializado na modalidade na que se vai a disputar o campionato e caracterizado pola súa calidade técnica como pola beleza natural da súa contorna.

A concelleira Pilar Lueiro destacou durante a presentación do torneo que, dende a súa inauguración hai dous anos, este campo acolleu xa varios campionatos cunha excelente acollida por parte dos xogadores e afeccionados, polo que agarda que se repita ese éxito nesta primeira edición do Torneo Cidade de Santiago.

PUBLICIDADE

O Concello anima á veciñanza compostelá a participar activamente no torneo, para o que é necesario estar federado, ou cando menos a achegarse como público, coñecer o campo e apoiar o esforzo das persoas emprendedoras que apostaron por este proxecto deportivo dentro do termo municipal.

Pola súa banda, David Senra, coodinador de xestión de Compostela Golf, detallou algúns dos aspectos técnicos e organizativos do torneo, animando a todas as persoas interesadas a inscribirse e desfrutar dunha experiencia deportiva única.

O torneo xogarase na modalidade Fourball Stroke Play 18 buratos, con percorrido largo, para as categorías Scratch, HCP 1 e HCP 2, por parellas, cun límite de 72 persoas por cada horario de saídas: venres 25, ás 10:30 horas; sábado 26, 10:30 horas; e sábado 26, ás 17:00 horas.

Haberá entrega de premios e sorteo para todos os participantes. O prazo para formalizar as inscricións neste I Torneo Pich and Putt Cidade de Santiago abriuse hoxe mesmo e os interesados poden facelo ou ben a través da páxina web de Compostela Golf ou chamando telefónicamente ata o vindeiro 24 de xullo.

A concelleira Pilar Lueiro e David Senra, de Compostela Golf, durante a presentación do I Torneo Cidade de Santiago de Pich and Putt

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.