Galiza Nova convocou un escrache para as 10:30 en fonseca a escasos metros do pazo de raxoi o luns próximo, para protestar pola concesión da medalla a SAR dona Leonor.
Nun inicio estaba prevista a presenza da alcaldesa no acto que se celebrará o luns día 14 de xullo no pazo de raxoi na parte autonómica, pero según as previsións do concello enviadas onte non ten nengún acto previsto no luns día 14 de xullo.
Borja Verea invita a recuperar esa altura que Santiago merece
O lider da oposición lamenta profundamente que Goretti Sanmartín, como rexedora da capital de Galicia, decida ausentarse deste acto, poñendo por diante, unha vez máis, a ideoloxía máis radical do seu partido fronte ao respecto que merece unha cidade que representa a todos, no só a unha minoría.
Dí o lider da oposición con 11 concelleiros, ¨aínda que goberne con 6 concelleiros de 25, non pode esquecer que non só goberna para os seus¨. Con este tipo de accións, o que demostra Sanmartín é que está moi lonxe de ser a alcaldesa que unha cidade universal como a nosa merece. Para Borja gobernar é representar a todos, non só aos que pensan como un mesmo, é hospitalidade, é respecto polas súas institucións, é memoria e é futuro.

Apela á maioría silenciosa dos composteláns e compostelás: esa maioría que non grita, pero que sabe que a convivencia se constrúe con respecto, non con desplantes nin sectarismo. Esa maioría dos composteláns e compostelás -silenciosos, sensatos e orgullosos da súa terra- saben que unha cidade grande non se define polo seu ruído, senón pola súa altura, e que reinvidica esa compostela que merece.
PSdG – PSOE acusa a alcaldesa de ser militante e non alcaldesa
O voceiro do Grupo Municipal Socialista do PSdeG-PSOE no Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, amosa a súa preocupación de que a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, non asistirá ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias, previsto para o vindeiro luns.
Guinarte advirte de que “a que parece vai a ser a ausencia, unha vez máis, da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín nun acto institucional o vindeiro luns” sinala que “non é un comportamento propio da alcaldesa da nosa cidade que representa a toda Corporación Municipal e que representa o conxunto da cidadanía de Santiago de Compostela”, que lembrou que a rexedora “representa o conxunto da cidadanía de Santiago de Compostela”.
Según as previsións adiantadas polo PsdG-PSOE o secretario xeral de Galicia, tampouco acudirá a medalla de Galicia a SAR dona Leonor, e acudirá a visitar Navantia Fene e posteriormente fará declaracións na sede local do PSdG de Ferrol




