PUBLICIDADE

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

PorBisbarra

Mércores, 5 Febreiro 2025 , ,
O concelleiro de Deportes visitou as instalacións para valorar os danos polos actos vandálicos nas pistas de atletismoO concelleiro de Deportes visitou as instalacións para valorar os danos polos actos vandálicos nas pistas de atletismo

O Concello de Fene fai un chamamento ao civismo e ten que retirar as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques vandálicos nos últimos meses

Os reiterados actos vandálicos que levan sufrindo as pistas de atletismo de Barallobre nos útimos meses obrigan ao Concello de Fene a retirar as casetas situadas na instalación deportiva municipal. A estrutura apareceu novamente co mobiliario esnaquizado, malia que xa foran denunciados ataques anteriores.

O concelleiro de Deportes, Adán Chao, visitou as instalacións para facer unha valoración e lamentou a situación, subliñando que “estes actos vandálicos non só deterioran un espazo público pensado para uso e desfrute da veciñanza, senón que tamén supoñen un custo adicional para o concello”.

O edil responsable da área de Deportes explicou que, ante a imposibilidade de garantir a súa seguridade, “vémonos na obriga de proceder á súa retirada para evitar máis danos”, mais o Concello de Fene reitera o seu compromiso co mantemento das instalacións deportivas municipais e fai un chamamento ao civismo para preservar os espazos públicos.

PUBLICIDADE
O Concello viuse obrigado a retirar as casetas que sufriron os actos vandálicos para garatizar a seguridade dos usuarios
O Concello viuse obrigado a retirar as casetas que sufriron os actos vandálicos para garatizar a seguridade
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.