PUBLICIDADE

O IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour comeza mañá coa primeira proba no Squash Club

Acto de presentación do IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour que mañá comeza en Ames coa disputa da primeira proba no Squash Santiago no MilladoiroActo de presentación do IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour que mañá comeza en Ames coa disputa da primeira proba no Squash Santiago no Milladoiro

O IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour está conformado por un total de cinco probas, das que tres se disputan en Ames, un concello que abrirá mañá a primeira cita con máis de 100 parellas inscritas nas diferentes categorías

O IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour xa ten todo listo para a disputa dunha nova edición que comezará coa primeira proba, mañá 3 de xullo, nas instalacións do Squash Club do Milladoiro no Concello de Ames. Un circuíto que está composto por 5 probas, das cales 3 dispútanse no municipio amiense: esta primeira, a segunda no Real Aeroclub en Piñeiro, e a quinta en Firmistáns nas pistas do Ames Pádel Center.

O hotel Oca Porta do Camiño acolleu a semana pasada o acto de presentación deste IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour, un evento conducido polo locutor Álvaro Veiga e ao que acudiron, entre outros, os alcaldes de Ames e A Estrada, Blas García e Gonzalo Louzao; Valentín García, secretario xeral da Lingua en representación da Consellería de Cultura; ou Ildefonso de la Campa, director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo.

O IV Circuíto Xacobeo Pádel Tour comeza, mañá xoves 3 de xullo, co Torneo Mercado La Galiciana, primeira proba do certame, que se vai a desenvolver no Squash Santiago. Para esta primeira cita hai máis de 100 parellas rexistradas nas diferentes categorías. As competicións abarcan desde a 1ª unisex, na que participarán destacados xogadores galegos, ata a categoría de iniciación para os principiantes.

PUBLICIDADE

O peche desta primira proba do circuíto terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo, no que se desenvolverá unha festa de fin de torneo, na que os asistentes poderán gozar de deliciosas degustacións e música, celebrando os logros de todos os xogadores.

O Circuíto Xacobeo non só se caracteriza polo seu alto nivel competitivo, senón tamén polo seu ambiente festivo e acolledor que convida a todos a participar, xogar e divertirse. Durante o torneo, os participantes terán a oportunidade de competir por unha variedade de premios.

Ames acolle tres das cinco probas do Circuíto Xacobeo

A segunda proba será o Torneo Concello de Ames, do 16 ao 19 de xullo, no Real Aeroclub de Santiago, nas instalacións de Piñeiro; a terceira será o Torneo Centro Deportivo, que está reservada a xogadores profesionais o 26 de xullo na Pobra do Caramiñal; a cuarta será o Torneo Milongas na Estrada, do 25 ao 30 de agosto; e o máster final, será novamente en Ames, no Pádel Center en Firmistáns, do 8 ao 14 de setembro.

Cada xogador participante recibirá un pack de benvida con bolsa e camiseta de xogo, descontos promocionais, unha botella de Red Bull e un libro en galego achegado pola Consellería de Cultura. Os rexistrados con Carné Xove poderán beneficiarse dun 10 % de desconto nas inscricións.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.