PUBLICIDADE

O PP manifesta denuncia “a pasividade do goberno local ante o incremento da criminalidade no municipio”

PorBisbarra

Mércores, 2 Xullo 2025 , , , ,
“O BNG non se está a tomar en serio o grave problema que temos na cidade, exemplo disto é a reiterada negativa do goberno local a empregar as cámaras de videovixilancia”, insistiu José Ramón de la Fuente.

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, vén de manifestar a súa preocupación e denuncia a pasividade do goberno local ante o evidente incremento da criminalidade no municipio. “Dende que o BNG goberna a Compostela, -remarcou- os distintos actos delictivos non fixo máis que medrar, situación avalada por todos os datos, tanto trimestrais, como anuais”.

De la Fuente aclarou que, “no ano 2022 ao 2024, a criminalidade medrou na cidade un 10%, chegando aos 5.056 delitos, a cifra por cada mil habitantes máis alta das cidades de Galicia e este notable aumento en Santiago contrasta cos descensos significativos noutras vilas galegas, como: A Coruña (-9%), Vigo (-5,4%), Pontevedra (-5,6%) e Ames (-26%)”.

Para o popular, “está claro que algo falla en Santiago se a delincuencia segue a aumentar, mentres diminúe no conxunto do resto de Galicia; algo falla en Santiago se a nosa cidade ostenta, entre as vilas galegas, o lamentable récord de delitos por cada mil habitantes”.

PUBLICIDADE

De la Fuente asegurou que “o BNG non se está a tomar en serio o grave problema que temos na cidade coa delincuencia, non pon medidas e a situación non fai máis que empeorar; e, o malo, é que se poden facer cousas e poñer medios a disposición das nosas forzas e corpos de seguridade, pero as nacionalistas non queren”.

 

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.