PUBLICIDADE

Os Seráns de Ribadiso de Arzúa ofrecen durante o verán teatro, humor, música e narración oral

Os Seráns de Ribadiso, programa estival cultural do Concello de Arzúa, comezan o vindeiro sábado 5 de xullo coa actuación de Leti da TabernaOs Seráns de Ribadiso, programa estival cultural do Concello de Arzúa, comezan o vindeiro sábado 5 de xullo coa actuación de Leti da Taberna

Os Seráns de Ribadiso, que suman a súa segunda edición tras o éxito do ano pasado, comezan o vindeiro sábado 5 de xullo coa actuación de Leti da Taberna e rematan o 12 de setembro co humor de Xan Veiga

O Concello de Arzúa vén de presentar unha nova edición dos Seráns de Ribadiso, un ciclo con espectáculos e eventos ao aire libre que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro na área recreativa do mesmo nome.

Trátase dunha segunda edición dos Seráns de Ribadiso, que busca dar continuidade á aposta por descentralizar a programación cultural e lúdica do verán no municipio e recuperar espazos naturais como puntos de encontro habitual.

A programación, impulsada polo Concello de Arzúa, inclúe seis citas gratuítas para público adulto e familiar, con propostas escénicas, humor, música e narración oral. Entre os nomes destacados desta segunda edición dos Seráns de Ribadiso figuran Leti da Taberna, Peter Punk, Cé Orquestra Pantasma, Rendos Pequeno, Unto Vello e Xan Veiga.

PUBLICIDADE

Os Seráns de Ribadiso 2025 comezan o sábado 5 de xullo coa actuación de Leti da Taberna e rematarán o 12 de setembro co espectáculo de humor a cargo de Xan Veiga. Todos os eventos serán ao aire libre e pensados para distintos públicos, reforzando a aposta do Concello de Arzúa por un lecer accesible, descentralizado e compartido.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.