PUBLICIDADE

O IV Mini BTT Concello de Oroso reúne no Carboeiro á base do ‘mountain bike’ galego

O IV Mini BTT Concello de Oroso reunirá o domingo no Parque do Carboeiro á base do 'mountain bike' galegoO IV Mini BTT Concello de Oroso reunirá o domingo no Parque do Carboeiro á base do 'mountain bike' galego

O IV Mini BTT Concello de Oroso, proba pertencente á Copa Galicia e organizada polo club ciclista local, dispútase o vindeiro domingo no parque do Carboeiro no que se reunirán centos de deportistas de base do mountain bike galego

A organización do IV Mini BTT Concello de Oroso, unha vez pechadas onte xoves as inscricións, xa ten todo listo para a cita que reunirá, no parque do Carboeiro o domingo, a centos de ciclistas, á base do mountain bike galego, nuha proba que forma parte da Copa Galicia da especialidade e que organiza o Oroso Club Ciclista e patrocina o goberno local.

Durante a presentación, os asistentes destacaron o compromiso do Concello de Oroso co deporte base e coa promoción da actividade física e os hábitos de vida saudables dende idades temperás. E, esta cuarta edición do Mini BTT así o confirman. Ademais, dende o goberno local subliñaron a importancia deste tipo de eventos, que non só fomentan a práctica deportiva entre a mocidade, senón que tamén converten Oroso nun referente galego do ciclismo de base.

Con este IV Mini BTT, o Concello de Oroso volve pedalear con forza pola canteira do ciclismo galego, reforzando a súa aposta por unha programación deportiva diversa, inclusiva e en contacto coa natureza.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.