PUBLICIDADE
O 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Asfalto, comeza esta tarde cun shakedown e a inauguración oficialO 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Asfalto, comeza esta tarde cun shakedown e a

O 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto, arrinca esta tarde cun shakedown de 3 quilómetros pola parroquia de San Xiao e coa cerimonia inaugural na que os 83 participantes percorrerán as rúas do municipio

O 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable para o CERA Campionato de España de Rallyes de Asfalto e que organizan o Concello e a Escudería Siroco, comezará esta mesma tarde (16:00 horas) cun shakedown, no que os 83 inscritos nesta edición poñerán a proba os seus vehículos nun tramo de tres quilómetros pola parroquia de San Xiao.

Posteriormente, contra as 20:30 horas, será a quenda da inauguración oficial do 37º Rally Cidade de Narón, cun percorrido dos participantes polas rúas Ares e Rafael Méndez e pola a estrada da Gándara. A comitiva iniciará a ruta dende o podio situado nas inmediacións do Centro Comercial Odeón no que tamén está sitiado o parque pechado.

Mañá sábado, o primeiro piloto, dos 83 inscritos nesta edición do Rally Cidade de Narón, tomará a saída ás 7:30 horas dende as inmediacións do Centro Comercial Odeón cara ao primeiro dos cinco tramos que conforman a cita do Campionato de España: As Cortiñas, As Enchousas, Santa Cristina, As Barcelas e Sedes. Durante a xornada os equipos completarán un total de 418 quilómetros dos cales 119,78 serán cronometrados, e que percorren os concellos de Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, As Somozas e este ano Valodoviño.

PUBLICIDADE

Unha vez completados todos os tramos desta 37ª edición do Rally Cidade de Narón, a previsión da organización e que sobre as nove e media da noite, tamén nas inmediacións do Centro Comercial Odeón terá lugar a cerimonia de clausura coa entrega de premios aos pilotos máis rápidos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.