PUBLICIDADE
Presentación do 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Asfalto, que se disputa esta fin de semana na comarca de FerrolterraPresentación do 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable para o Campionato de España de Asfalto, que se disputa esta fin de semana na comarca de Ferrolterra

O 37º Rally Cidade de Narón, proba puntuable por primeira vez para o Campionato de España de Asfalto, disputarase esta fin de semana sobre 5 tramos, cun total de 418 quilómetros, dos que 119,78 serán cronometrados

37º Rally Cidade de Narón xa quenta motores para disputarse este sábado 24 de maio. Unha proba que por primeira vez será puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto, e na que os seus participantes percorrerán un tramo de 418 quilómetros o sábado, dos que 119,78 serán cronometrados e que discurrirá polos concellos de NarónSan Sadurniño, MoecheCerdidoAs Somozas e, tamén este ano, Valdoviño, segundo informaron durante a presentación que se desenvolveu esta mañá na praza de Galicia da cidade de Ferrolterra.

A presentación deste 37º Rally Cidade de Narón contou coa participación da alcaldesa, Marián Ferreiro, os edís de Deportes e de Seguridade Cidadá, Ibán Santalla e José Oreona; o presidente da Escudería Siroco organizadora da proba, Antonio Sueiras; o coordinador xeral do evento, Moncho Padín; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González e representantes das federacións española e galega de automobilismo, ou cos pilotos Jorge Cagiao, gañador da anterior edición, co Alpine A110 GT+; Javier Bouza, co Ford Escort MKII, Diego Varela, co Hyundai i20N Rallye2 e Máximo Pita co seu Seat Marbella, entre outros.

O coordinador do rally, Moncho Padín, agradeceu o labor da directiva do Siroco Narón polo seu traballo para sacar adiante esta proba e aos máis de 300 voluntarios que colaborarán o venres e o sábado co evento. Así mesmo, Padín destacou o labor de persoal de Seguridade, Policía Local, Garda Civil pola súa
implicación e a patrocinadores e administracións que colaboran co rally.

PUBLICIDADE

Pola súa banda, o responsable de seguridade do Rally de Narón, Ramiro Fandiño, explicou que “volvemos a facelo con cinco tramos a dobre pasada pero cuns cambios do 60% no percorrido, que esperemos que lle gusten aos participantes e asistentes”.

Os cinco tramos que terán que afrontar os pilotos e os seus equipos son os de As Cortiñas, As Enchousas, Santa Cristina, As Barcelas e Sedes, cun total de de 418 quilómetros dos que 119,78 serán cronometrados e que discurrirán polos concellos de Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, As Somozas e Valdoviño, que se incorpora este ano, sendo o último do día, o de Sedes, e que podería definir os gañadores desta 37ª edición.

Antonio Troitiño, presidente da Federación Galega asegurou que “para nós é un orgullo ter chegado a un acordo coa Federación Española polo tema das licencias e, sobre todo, que poidan saír beneficiadas as probas do campionato de España, porque para Galicia é moi importante ter probas de primeiro nivel e xa sería o máximo se puidésemos ter un mundial”, incidiu.

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, destacou que se trata dun campionato “suficientemente consolidado despois de tantos anos e unha das probas deportivas máis importantes deste concello, da comarca e unha referencia no mundo do automobilismo en Galicia, que está vivindo un momento de auxe”.

Así mesmo, na súa intervención o vicepresidente da Real Federación Española de Automobilismo recoñeceu que “para a institución que representa sempre é un pracer vir a Narón a un rally que foi unha sorpresa hai uns anos cando o descubrimos e que cada día nos sorprende máis”.

Xornada previa ao Rally Cidade de Narón

A rexedora local lembrou que na xornada previa a este 37º Rally Cidade de Narón, coma na pasada edición, haberá un percorrido pola zona urbana, dende o Odeón ata a estrada de Castela, polo que a partir das 20:30 e ata as 21:30 horas o vial permanecerá pechado ao tráfico rodado, co obxectivo de que as persoas que o desexen poidan ver a caravana de vehículos participantes. Tamén o venres, xa pola tarde, terá lugar o shakedown pola parroquia de San Xiao, de 16:00 a 17:30 horas, nun tramo de 2,76 quilómetros nos que equipos e pilotos poderán axustar os seus vehículos.

O sábado, o primeiro participante partirá ás 07:30 horas do parque de asistencias ubicado na rúa Panadeiros, no polígono industrial de Río do Pozo; e sobre as 20:30 horas está prevista a finalización desta edición do Rally de Narón, reuníndose os vehículos no parque pechado do Centro Comercial Odeón, no que ás 20:45 horas se celebrará o pódio e a tradicional cerimonia de entrega de trofeos (21:30 horas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.