PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Leixoes SC gaña o Torneo Internacional de volei Concello de San Sadurniño 

PorBisbarra

Xoves, 19 Setembro 2024
Os xogadores do Leixoues portugués celebran o triunfo no Torneo Internacional de volei de San SadurniñoOs xogadores do Leixoues portugués celebran o triunfo no Torneo Internacional de volei de San Sadurniño

O Municipal de San Sadurniño acolleu o torneo no que participaron o local Aldebarán Intasa, o Emevé Lugo, o Club de Volei Palma e o Leixoes SC luso

O Leixoes SC luso foi o vencedor do Torneo Internacional de volei Concello de San Sadurniño que se disputou o pasado sábado 14 de setembro no pavillón municipal, e que contou coa participación, ademais do equipo gañador, do CD Aldebarán Intasa local, do Emevé Lugo e do Club de Volei Palma.

Tras a disputa dos primeiros partidos do torneo pola mañá, pola tarde o Aldebarán Intasa e os lugueses do Emevé enfrontáronse polo terceiro e cuarto posto. Vencendo con contundencia o Emevé por 0-3.

Una final del torneo de volei muy igualada

A final polo título desta edición do Torneo Internacional de volei Concello de San Sadurniño disputárona o SC Leixoes portugués e o CV Palma. Unha final moi igualada que tivo que decidirse ao tie-break coa victoria final do equipo luso, que repetía triunfo por segundo ano consecutivo.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.