PUBLICIDADE

O torneo de fútbol cadete ‘Ourense, a provincia termal’ dispútase no Couto do 12 ao 15 de xuño

PorBisbarra

Martes, 10 Xuño 2025
O torneo solidario de fútbol cadete 'Ourense, a provincia termal' disputarase do 12 ao 15 de xuño no campo do CoutoO torneo solidario de fútbol cadete 'Ourense, a provincia termal' disputarase do 12 ao 15 de xuño no campo do Couto

No torneo de fútbol cadete Ourense, a provincia termal, que como en todas as edicións ten un importante compoñente solidario, participarán o Real Madrid, Atlético de Madrid, Celta de Vigo, Athletic Club, Oporto e Pabellón CF

O ourensán estadio do Couto acollerá entre o 12 e o 15 de xuño o torneo de fútbol cadete Ourense, a provincia termal, na que participarán o Real Madrid, Atlético de Madrid, Real Club Celta de Vigo, Athletic Club de Bilbao, Oporto e Pabellón CF.

Esta cita deportiva, organizada polo Pabellón CF coa colaboración da Deputación o Concello e a Xunta, terá un importante compoñente solidario como en anteriores edicións, xa que todos os encontros serán gratuitos agás a final, cuxa recadación será doada íntegramente á Fundación Juan Soñador.

Na presentación do torneo participaron o presidente provincial, Luis Menor; a concelleira de Facenda do Concello de Ourense, Tamara Silva; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e o responsable da organización do torneo, Paco Doforno, así como o presidente do Pabellón CF, Fernando Martínez. Tamén asistiu o xogador ourensán do Celta de Vigo, Hugo Álvarez; e a representante da Fundación Juan Soñador, Nuria Delgado.

PUBLICIDADE

Ao igual que os demáis representantes institucionais, Luis Menor puxo en valor a importancia da cooperación institucional para a organización deste encontro, “un evento froito da unión institucional que nos enche de orgullo”, recalcando que é “unha honra” colaborar para recuperar este torneo que sempre foi un referente.

“É moi importante recuperar este escaparate do fútbol e que inspira á nosa canteira, potenciándoa e poñéndoa en valor”, explicou o presidente provincial, quen falou “como ourensán, como afeccionado ao fútbol e como pai dun xogador que foi do Pabellón CF”. Menor explicou que este torneo non só sirve para promocionar a provincia termal, senón que conta cun aspecto solidario “que nos fai sentir moi orgullosos”.

Por último, Luis Menor animou a toda a afección ourensá a acudir a este torneo, deixando claro que “aínda que todos somos de moitos equipos, eses días en Ourense teremos moi claro a quen apoiaremos e vestiremos a camiseta do Pabellón CF”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.