PUBLICIDADE

Ordes abre a licitación para a mellora enerxética do polideportivo Campomaior

A licitación contempla a mellora enérxética e térmica do polideportivo municipal de Campomaior de Ordespolideportivo de Campomaior

O Concello de Ordes tamén informou que o importe total da intervención para a mellora da eficiencia enerxética e térmica do polideportivo Campomaior ascende a case 68.500 euros

O Concello de Ordes vén de informar de que manterá, ata o próximo 31 de xullo, aberto o prazo de licitación para as tarefas de mellora na eficiencia térmica e enerxética do polideportivo municipal Campomaior.

     Por un presuposto base de licitación de 56.567,58 euros (68.446,77 € IVE incluído) o proxecto inclúe a substitución das fachadas de chapa simple actuais por pranchas sándwich de aceiro, o revestimento perimetral completo con trasdosado de pranchas da madeira e a incorporación de arexadores na cumieira da cuberta do polideportivo Campomaior.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.