PUBLICIDADE

‘Os 11 das vías’, proba solidaria do Concello de Cerceda, contou con máis de 640 inscritos

Un momento da proba solidaria 'Os 11 da vías' organizada polo Concello de Cerceda e que contou con máis de 640 persoas inscritasUn momento da proba solidaria 'Os 11 da vías' organizada polo Concello de Cerceda e que contou con máis de 640 persoas inscritas

A recadación da cita Os 11 das vías, proba solidaria que combina deporte, turismo e natureza en Cerceda, destinarase integramente a colaborar coa Asociación Española contra o Cancro

O Concello de Cerceda acolleu, o pasado sábado 3 de maio, a terceira edición da proba solidaria Os 11 das vías, que contou con máis de 640 persoas inscritas nunha cita que combina deporte, natureza e turismo, ao tempo que colabora, aportando a recadación íntegra, coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Os 11 das vías está organiza o Concello de Cerceda e conta coa colaboración do Club Atlética A Silva e o Albergue Estación. Os participantes tiveron que completar un percorrido dun total de 11 quilómetros, con tramos de trail e asfalto, e que lles permitiu coñecer a Vía Verde que une os municipiso de Cerceda e Oroso.

A proba deu comezo ás 16:45 horas coas carreiras para os escolares e ás 18:00 horas deuse a saída para a carreira absoluta. Uns minutos despois, sobre as 18:20 horas, iniciouse a andaina, con catro quilómetros de percorrido.

PUBLICIDADE

Unha das novidades desta edición foi a instalación dun espazo de actividades de xogos tradicionais, que permaneceu activa durante toda a tarde ata a entrega de trofeos. Novamente, todo o recadado nesta terceira edición da proba Os 11 das vías destinarase integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para a investigación oncolóxica e financiamento de proxectos que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, destacou o éxito “dun evento que combina tres factores clave para nós: turismo, deporte e natureza” e concluiu destacando “o importante valor desta carreira, que é certamente especial por esa parte solidaria e colaborativa coa Asociación Española Contra o Cancro”.

Resultados da proba Solidaria Os 11 das vías

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.