PUBLICIDADE

Curtocircuíto Campus, primeira fase do Festival Internacional de Cinema, bota a andar

XXI Curtocircuíto Gala de Entrega de Premios no Teatro Principal de SantiagoGalardoados, organización e autoridades ao remate da gala de entrega de premios do XXI Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto

Curtocircuíto inaugurou o seu Campus, que se desenvolverá en Santiago ata o 13 de maio, e conta con actividades dirixidas a estudantes, profesores e público en xeral

Curtocircuíto Campus, primeira fase do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, foi inaugurado onte en Santiago, nunha iniciativa que se desenvolverá ata o vindeiro 13 de maio, que está centrado na alfabetización audivisual, a creación de novos públicos e na formación en xeral, e dirixido aos estudantes e profesores.

Curtucircuíto Campus, organizado polo Concello de Santiago, conta en cada edición coa participación de máis de 2.000 estudantes, nunha proposta que reforza o espírito fundacional do Festival Internacional de Cinema. A programación, dirixida a público infantil, escolar, universitario e profesional, está dividida nas seccións Teenage Riot Criaturas, que teñen lugar no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia en sesións matinais

En Criaturas, proxectaranse pezas especialmente pensadas para o público máis novo, como Yacht de Pablo Anasse, Loane Baumer, Marine Bouvier, Marie Malaval, Maxence Mouttou e Florence Susanna; Nabu de Joanna Rusinek; Eureka de Kris Borghs; e A sammal graden by the window de Lee Jong Hoon. A sección Teenage Riot achegará ao público adolescente e xuvenil títulos como Nens de Anna Martí Domingo, Por qué volvías cada verano de Juli Suárez e Solo Ki de Javier Prieto e Diego Herrero.

PUBLICIDADE

Entre hoxe e o xoves 8 terá lugar Satélite FÄCOM,  en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación e o Club de Cinema FACOM da USC. Por terceiro ano, o festival propón sesións de diverso formato para achegar á comunidade universitaria o cinema independente máis innovador. Ademais dunha escolma representativa do mellor que pasou por Curtocircuíto nestes anos, ofrecendo unha selección de filmes da norteamericana Jennifer Reeder e un encontro con Emilio Fonseca, director de Salvaxe, salvaxe (2024), ensaio fílmico que acadou o premio ao mellor documental na edición 2024 do Festival de Cine de Málaga.

Como na anterior edición,  o festival acolle de novo a programación da Cátedra Cruz Vermella–USC, unha iniciativa centrada en abordar o envellecemento e que este ano o fai dende unha perspectiva positiva, vencellando cinema, divulgación científica e reflexión social. As actividades terán lugar o luns 12 e o martes 13 de maio ás 17:00 horas no Auditorio da Facultade de Psicoloxía da USC, e están dirixidas tanto ao público universitario como ao público en xeral interesado nesta temática.

O luns 12, a sesión será presentada por Arturo Pereiro e o director de produción de CurtocircuítoJosé Díaz, e incluirá a proxección das curtas Luisa no está en casa (Celia Rico, 2012), Los desheredados (Laura Ferrés, 2017) e Ser e Voltar (Xacio Baño, 2014). Ao remate, celebrarase un encontro co cineasta Xacio Baño, autor deste último filme, e cun convidado que forma parte do equipo da Cátedra.

Captura de pantalla da páxina web do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto

O martes 13 de maioArturo Pereiro e José Díaz darán inicio á sesión, que continuará coa exhibición das obras Cruz Piñón (Xisela Franco, 2015), Mrs Holocaust (Michalina Musielak, 2016) e It’s Consuelo (Eva Min, 2024). O posterior coloquio estará dirixido por María José Sampedro, decana da Facultade de Psicoloxía da USC, e contará coa participación de José Díaz e Jesús Silva, programador e crítico cinematográfico.

Residencia fotográfica de Curtocircuíto, outra mirada de Santiago

De novo Curtocircuíto levará a cabo a Residencia fotográfica, que conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e Cafés Candelas, e que, a través da fotografía, reivindica unha imaxe de Santiago de Compostela que contraste coas representacións tradicionais da cidade. O fotógrafo compostelán Jesús Madriñán será o artista residente neste 2025. Coñecido polo seu uso da fotografía analóxica de gran formato, Madriñán explora os límites do retrato tradicional a través de series como Good Night London, Boas noites, Dopo Roma ou I Am Light, nas que combina técnicas minuciosas con contextos espontáneos, dando lugar a un retrato xeracional atravesado por valores como a xuventude, a diversidade e a tolerancia.

Curtocircuíto prepara tamén unha exposición e un libro colectivo que recollerán o traballo dos artistas que pasaron pola residencia en edicións anteriores, como Rocío Madrid ou Yosi.

A semana oficial de Curtociruíto 2025 cambia as súas datas ao mes de xullo

Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebra a súa vixésimo segunda edición cunha renovación de modelo e un adianto de datas. A segunda fase do certame, a semana oficial, celebrarase entre o 1 e o 6 de xullo e volve ás rúas, coa proposta de xerar espazos de intercambio entre a cidadanía e os artistas nos que compartan e reflexionen sobre o seu traballo. 

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.