PUBLICIDADE

Os Premios do Deporte do Pino recoñecen como mellores da tempada a Alexandre García e a Hugo Cacheda na modalidade individual

Os Premios do Deporte recoñecerán tamén a Yeray Barreiro, Rodrigo Sanjuás, Pedro Muñoz, Martín Giao, Santiago Mecías e Alexandre Fernández, integrantes do Pino que forman parte do equipo Estrela Supernova de fútbol gaélicoOs Premios do Deporte recoñecerán tamén a Yeray Barreiro, Rodrigo Sanjuás, Pedro Muñoz, Martín Giao, Santiago Mecías e Alexandre Fernández, integrantes do Pino que forman parte do equipo Estrela Supernova de fútbol gaélico

Os Premios do Deporte tamén recoñecen aos integrantes do Pino do Estrela Supernova de fútbol gaélico, e a o equipo de xadrecistas formado por Rubén Alonso, Martín González e Noé Villar

Os Premios do Deporte do Concello do Pino recoñecerán nesta segunda edición como mellores da tempada ao atleta Alexandre García Seijo, ao nadador Hugo Cacheda Martínez, aos integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e aos xadrecistas Rubén Alonso, Martín González e Noé Villar.

Uns Premios do Deporte que entregáronmse por primeira vez en 2023 co obxectivo de dar a coñecer os méritos da xente nova do Pino que está destacando en competicións nacionais e autonómicas. O Concello do Pino, comprometido coa práctica deportiva facilitando medios para adestrar e competir, busca así o recoñecemento público dos deportistas como un xeito de acompañalos na súa traxectoria.

Os galardoados recollerán as distincións de mellores deportistas do Pino nunha cerimonia que se desenvolverá o xoves 31 de xullo na Casa do Concello, en base ao traballo que realizaron durante a presente tempada 2024/25.

PUBLICIDADE

Alexandre García, atleta de Lardeiros e integrante do Club Atletismo O Pino, leva conseguidos este ano tres subcampionatos galegos Sub-14 en 60 metros lisos, 80 metros lisos e 220 metros valados, ademais de clasificarse para o Campionato de España nas combinadas de 80 metros lisos, 80 metros valados e lanzamento de peso (3 Kg).

Hugo Cacheda, de Pedrouzo, milita no Club Natación Santiago e conquistou nada menos que tres ouros e outras tres pratas nos últimos autonómicos de categoría alevín. No Campionato Galego de verán en piscina olímpica foi campión en 50 costas e subcampión en 50 braza, 100 braza e 200 braza, mentres que no Campionato Galego de inverno foi campión de 200 braza e 100 braza, ademais de subcampión en 50 braza.

Yeray Barreiro, Rodrigo Sanjuás, Pedro Muñoz, Martín Giao, Santiago Mecías e Alexandre Fernández son os xogadores do Pino que forman parte do equipo Estrela Supernova que, representando a Galicia xunto outros rapaces de Boqueixón e Friol, proclamouse campión de Europa de fútbol gaélico no Féile de Ámsterdam logo de facerse coa Copa Galega.

Por último, o Concello do Pino distingue tamén o equipo composto polos xadrecistas Rubén Alonso, Martín González e Noé Vilar, que logrou o terceiro posto da competición comarcal por equipos da Liga escolar Xogade.

Os Premios do Deporte do Pino recoñecerán os logros conseguidos esta tempada polo mozo nadador Hugo Cacheda, do Pedrouzo e que milita no CN Santiago
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.