PUBLICIDADE

O Concello de Vilasantar reduciu o remanente negativo de tesourería en 425.000 euros

PorBisbarra

Xoves, 21 Maio 2026 , ,
O Plan Económico Financeiro para o bienio 2025-2026 está a resultar un éxito

O Concello de Vilasantar celebra a mellora da súa situación económica grazas ao Plan Económico Financeiro para o bienio 2025-2026. Así o transmitiu o alcalde vilasantarés, Fernando Pérez Fernández, na xuntanza do pleno municipal para dar conta da liquidación de 2025. Segundo abundou, a mellora da situación vai respaldada cos informes da Secretaría e Intervención, aprobada pola Alcaldía e remitida antes do 31 de marzo de 2026, como establece a normativa.

Este Plan Económico Financeiro bienal foi aprobado tras o incumprimento da estabilidade orzamentaria na liquidación de 2024, como medida para sanear as contas municipais. Como explicou o rexedor, “o equipo de Goberno logrou reducir a débeda financeira e recortar o remanente negativo de tesourería en 425.000 euros”.

A día de hoxe, “o municipio cumpre estritamente coas regras fiscais, alcanzando un superavit de 681.000 euros en termos de estabilidade presupuestaria, que representa un 23% sobre o total dos ingresos”, incidiu o alcalde. Este balance de mellora é o resultado da aplicación do Plan Económico aprobado para o bienio 2025-2026.

PUBLICIDADE

Segundo o Goberno local, esta folla de ruta permitiu unha “racionalización exhaustiva do gasto corrente, subvencións ao 100% e unha optimización dos ingresos municipais, logrando que o aforro neto sexa positivo (10% dos ingresos correntes) e cumprindo con rigor a regra de gasto (-26%)”. En canto ao pasivo, o concello reduciu o endebedamento con entidades financeiras en 65.000 euros e eliminouse o préstamo económico que tiña coa Deputación da Coruña.

Así, o ratio de endebedamento sitúase nun 13%, moi por debaixo do límite legal do 75%. Así mesmo, a Alcaldía destaca a tendencia de recuperación da tesourería municipal. Aínda que o remanente de tesoureria segue sendo negativo (-734.000 euros), o actual exercicio reflicte unha reducción sustancial de 425.000 euros, consolidando así a senda da recuperación.

Non obstante, Fernando Pérez salienta que o axuste realizouse sen recortar un só servizo público e garantindo en todo momento a atención e as competencias que reciben os veciños e veciñas de Vilasantar. Finalmente, o rexedor rematou a súa intervención no pleno lanzando unha mensaxe de esixencia ao resto de administracións superiores. “Queremos un financiamento local, suficiente, xusto e garantizado que teña en conta a realidade dos concellos pequenos e rurais; as características demográficas e territoriais de concellos como Vilasantar requiren un modelo de reparto que asegure a igualdade de oportunidaddes”

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.