PUBLICIDADE

María Jesús Lorenzana: “Estamos nun momento decisivo marcado pola transición enerxética, a transformación tecnolóxica e a necesidade de reforzar a competitividade industrial de Europa. E Galicia quere estar na vangarda dese proceso”

A conselleira de Economía e Industria, María José LorenzanaA conselleira de Economía e Industria, María José Lorenzana

É Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, forma parte da escala de letrados da Xunta de Galicia por oposición, estivo ao fronte da Consellería de Emprego e Igualdade, e da secretaría xeral técnica das Consellerías de Traballo e Benestar, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Medio Rural


– Galicia medrou en 2025 un 2,6 %, encadeando seis anos consecutivos de crecemento e creación de emprego. A previsión para 2026 é continuar nesta senda de estabilidade, malia un contexto internacional marcado pola incerteza porque evidentemente, a situación en Oriente Medio está a ter impacto na economía europea e, polo tanto, tamén na galega.

Por iso, a Xunta activou xa no mes de marzo un plan extraordinario con 20 medidas e 157 millóns de euros para apoiar aos sectores máis afectados, reforzar a competitividade empresarial, impulsar a transición enerxética e protexer ás familias. Estamos ante unha crise excepcional e as respostas das Administracións deben ser excepcionais.

PUBLICIDADE

– Sen conexión eléctrica non hai proxecto industrial viable e o Goberno central deixou fóra da planificación eléctrica a subestación que é necesaria para o abastecemento enerxético de Altri e iso fai inviable o proxecto tal e como estaba deseñado e tramitado. O que está facendo o Goberno central con esta decisión -que non é técnica, senón política- é frear oportunidades industriais na provincia de Lugo e, por tanto, en Galicia.

– O compromiso da Xunta con Alcoa e cos traballadores é firme. Unha vez completados os traballos de rearranque das 512 cubas, gustaríamos coñecer canto antes os plans de futuro da compañía. Mentres tanto, a Xunta continúa coa tramitación do proxecto de ampliación do depósito de lodos vermellos, unha actuación necesaria para asegurar a continuidade da actividade nos vindeiros anos. Iso si, calquera autorización concederase exclusivamente se cumpre con todas as garantías técnicas, ambientais e de seguridade esixibles.

María Jesús Lorenzana, terceira pola esquerda, e Borja Verea, na súa visita ás Bodegas Lodeiros
María Jesús Lorenzana, terceira pola esquerda, e Borja Verea, na súa visita ás Bodegas Lodeiros

– Por terceiro ano consecutivo superamos os 30.000 millóns de euros en exportacións -datos de 2025-, algo especialmente relevante nun contexto internacional complexo e marcado pola desaceleración económica en moitos mercados europeos. As empresas galegas exportan innovación, calidade, tecnoloxía e valor engadido. Esa é a mellor marca Galicia no exterior.

– Hai unha dobre vara de medir por parte do Goberno central: recorre unha medida -cuxa suspensión, por certo, levantou o Tribunal Constitucional en febreiro- polo único feito de que a impulsou o Goberno de Galicia. E dígoo porque non o fixo coas doutras comunidades autónomas que mesmo establecen condicións máis exixentes para o sector eólico.

A repotenciación é aplicar o sentido común: permite substituír os aeroxeneradores antigos por outros máis modernos, máis eficientes e máis potentes. Iso tradúcese en máis produción enerxética, en menos impacto visual e nunha redución moi importante do número de muíños nos montes galegos. Falamos de incrementar a produción nun 35 % reducindo ata un 80 % o número de aeroxeradores.

– Si, o prazo está aberto desde o pasado 13 de febreiro e é a primeira vez que a Xunta pon en marcha unha liña específica de axudas dentro da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo para facilitar que as pemes poidan incorporarse á cadea de subministración destes sectores. Falamos dun programa dotado con 1,5 millóns de euros e axudas de ata 75.000 euros por empresa.

Galicia ten un enorme potencial e queremos que máis empresas poidan aproveitar as oportunidades dun sector estratéxico e con gran capacidade de crecemento nos próximos anos. De feito, a acollida está sendo moi positiva: xa está comprometido arredor do 80 % do crédito dispoñible.

– O éxito desta convocatoria confirma que a cidadanía responde cando as axudas son útiles, directas e funcionan. En apenas un mes recibíronse máis de 1.500 solicitudes, esgotando o crédito para particulares dentro dun programa dotado con 3,5 millóns de euros. Iso demostra que hai interese pola mobilidade eficiente, pero tamén que as Administracións temos que acompañar esa transición con incentivos eficaces. Fomos unha das comunidades onde máis creceron as matriculacións de vehículos eficientes no último ano. Seguiremos traballando nesta liña.

– As axudas da Axencia Galega da Industria Forestal, a Xera, contemplan todos os elos da cadea forestal-madeira cun amplo abano de investimentos, maquinaria, primeira e segunda transformación, dixitalización… Tamén para a realización de ensaios, a obtención de certificacións, a mellora da seguridade e saúde no contorno laboral e o ecodeseño de produtos e materiais.  É dicir, as distintas liñas de axudas están pensadas para mellorar a competitividade, a innovación e a sustentabilidade do sector.

Ademais, colaboramos coas asociacións sectoriais cubrindo o cento por cento dos custes de organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal-madeira, a competitividade, o deseño e o desenvolvemento sustentable. E para poder levar a cabo todas estas actividades, este ano incrementamos o orzamento da Xera un 23,7 %, ata os 24 millóns de euros.

– Queremos que as empresas elixan Galicia e o Igape é a nosa principal ferramenta para conseguilo. Unha das súas funcións é o apoio e acompañamento a emprendedores e empresas. Nesta labor é tamén fundamental a Oficina Económica de Galicia. Este ano o Igape conta cun orzamento superior aos 280 millóns de euros que nos permiten poñer en marcha novas liñas de apoios como a Vía rápida á innovación empresarial que pretende atraer e consolidar proxectos innovadores que se tiveran presentado a convocatorias europeas ou nacionais de recoñecido prestixio e que, superando os criterios técnicos de avaliación, non foran seleccionados por esgotamento orzamentario.

En definitiva, queremos unha Galicia máis industrial, máis innovadora e con empresas competitivas nun contexto internacional cada vez máis esixente. 

María Jesús Lorenzana durante unha reunión con representantes da empresa FINSA
María Jesús Lorenzana durante unha reunión con representantes da empresa FINSA

– Seguir facendo medrar Galicia da única forma que isto se pode acadar: potenciando a industria para xerar actividade económica. Estamos nun momento decisivo marcado pola transición enerxética, a transformación tecnolóxica e a necesidade de reforzar a competitividade industrial de Europa. E Galicia quere estar na vangarda dese proceso. Continuaremos impulsando a atracción e impulso de iniciativas empresariais para crear emprego de calidade e no reforzo dos sectores estratéxicos industriais, tanto dos consolidados, claves da nosa economía, como dos emerxentes ou con maior potencial futuro. E farémolo cunha estratexia de fomento da innovación, como vía indispensable para que as súas industrias poidan manter un nivel de competitividade tanto no ámbito nacional como internacional. Seguiremos pelexando por acadar a conexión á rede eléctrica que nos merecemos e por promover iniciativas que impulsen unha enerxía más barata para os nosos fogares e empresas.

Temos talento, recursos e capacidade e cando a cidadanía, as empresas e administracións están no mesmo equipo as cousas non deben saír mal.

En Galicia hai 18 dos 34 materiais considerados críticos pola Unión Europea o que nos sitúa nunha posición privilexiada. Nas próximas semanas convocaremos novos dereitos de explotación sobre minerais estratréxicos como wolframio ou estaño en xacementos de alto valor como Corcoesto, San Finx ou Santa Comba. Falamos de explotacións que poderían chegar a poñer en valor recursos por importe de 7.000 millóns de euros e a creación de máis de 250 empregos directos e 750 indirectos.

Agora ben, as empresas deberán presentar obrigatoriamente plans sociais que revertan directamente no territorio. Se lles esixirá que incorporen medidas sociais con beneficios directos para os veciños e vecinas. Se non é asi que non veñan.

Neste novo plan tamén incluiremos un centenar de dereitos mineiros para permisos de investigación que abarcarán tanto materias primas tradicionais, como caolín, cuarzo, feldespatos ou granito, como minerais estratéxicos.

María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, durante a súa visita á empresa Papelera de Brandía en Santiago
María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, durante a súa visita á empresa Papelera Brandía en Santiago
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.