PUBLICIDADE

O ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os días 7, 8 e 9 de agosto con grandes descontos e 1.500 euros en premios

PorBisbarra

Mércores, 22 Xullo 2026 , , , , ,
Presentación do "Mercamelide na rúa" que se celebrará en Melide en agosto

A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello do municipio, celebrará o venres 7, sábado 8 e domingo 9 de agosto o ‘Mercamelide na rúa’ en preto dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos nunha ampla variedade de artigos e 1.500 euros en premios.

Nesta nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’ participan 19 comercios de proximidade de diversos sectores que son: Stardemoda, Froitas Jose da Andaluza, Electrosan, Sueños, Flor de Toxo, Tu Boutik, Romero Zapaterías, Sarela, Siken, Floristería Maru, Sisuka, Cousas Novas, Toysmaniatic Melide, Viñoteca Ribeirao, Moda VY Melide, Calzados Broz, Magnin, Leiva Motosport e Lola Lolita Lola.

Durante os tres días que dura a campaña de oportunidades, o venres 7 pola tarde, sábado 8 todo o día e domingo 9 pola mañá, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock.  O horario das tendas no ‘Mercamelide na rúa’ será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde. A  maiores, estes establecementos contarán cuns carteis identificativos para poder atopar os participantes con facilidade.

PUBLICIDADE

Ademais, entre a xente que merque durante o ‘Mercamelide na Rúa’ haberá un sorteo, o 11 de agosto, de 1.500 euros en premios para gastar nos establecementos participantes. A isto, hai que engadirlle que os comercios asociados a Asetem terán uns rascas polo que cada compra poder ter un premios a maiores: un agasallo promocional de verán.

Dende o equipo directivo de ASETEM – CCA fan fincapé nos obxectivos principais que ten o ‘Mercamelide na rúa’ , o gran motivo da celebración desta iniciativa é axudar e impulsar a venda daqueles produtos en stock que os establecementos de proximidade non conseguiron vender en tempada.

Un ano máis, o ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os mesmos días que a Feira Medieval polo que “a veciñanza e visitantes non terán escusa para non vivir esta fin de semana en Melide”, destacan dende a directiva.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.