PUBLICIDADE

O proxecto de bioplanta de fibra de Ence nas Pontes obtén 24,7 millóns de euros do  PERTE de Descarbonización Industrial

PorBisbarra

Venres, 13 Marzo 2026 , , , ,
Aposta pola economía circular e o coidado do medio ambiente

O proxecto de bioplanta de fibra reciclada que Ence impulsa nas Pontes (A Coruña) foi seleccionado provisionalmente para recibir 24,7 millóns de euros dentro da liña 4 do PERTE de Descarbonización Industrial do Ministerio de Industria e Turismo. En concreto, a iniciativa obtivo unha subvención de 24.691.726 euros no marco da convocatoria de “Axudas para Instalacións Manufactureiras Altamente Eficientes e  Descarbonizadas”, incluída no PERTE de Descarbonización Industrial correspondente a 2025, segundo a listaxe provisional de solicitudes estimadas publicado polo Ministerio.

APOSTA POLA ECONOMÍA CIRCULAR E O COIDADO AMBIENTAL

O pasado mes de agosto, a Xunta outorgou á planta a Autorización Ambiental Integrada (AAI), un fito moi relevante tanto para o proxecto como para a compañía. As Pontes é unha instalación pioneira a nivel mundial para producir fibra reciclada branqueada a partir de papel e cartón recuperados. Desta forma, a compañía dá unha nova vida a estes materiais, aliñándose plenamente coa economía circular. No deseño deste proxecto, o primeiro en Europa no que se fabricará fibra reciclada branqueada a partir de papel e cartón recuperado, tívose en conta o compromiso de Ence coa independencia enerxética. Así, a planta se autoabastecerá de enerxía renovable, xerada a partir de subproductos da industria forestal local e non empregará combustibles fósiles. En liña co compromiso de Ence coa economía circular, As Pontes será a primeira instalación do sector en Europa en aplicar tecnoloxía de branqueo TCF (totalmente libre de cloro) sobre fibras recicladas.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.