PUBLICIDADE

Medio Rural vai reforzar os controis e pide corresponsabilidade as industrias

PorBisbarra

Sábado, 14 Marzo 2026 , ,

Nunha reunión mantida cos responsables de Unión Agrarias, a xunta comprometeuse a reforzar os controis na renovación dos contratos do leite que comezan o luns día 16. E tamén o reforzo no control da etiquetaxe do leite e dos productos lácteos para evitar fraudes na orixe do leite

A Conselleria do Medio Rural reforzará os controis co fin de vixiar a renovación de contratos do leite para asegurar a sustentabilidade de todo o sector, en especial dos produtores. A titular deste departamento, María José Gómez, anunciouno despois de manter unha xuntanza con representantes de Unións Agrarias, na que avaliaron as novas contratacións que se asinarán nas vindeiras semanas, nun contexto caracterizado pola entrada en España de excedentes de leite da Unión Europea a baixo prezo; así como polo incremento dos custes de produción derivados do conflito en Oriente Medio, nun contexto onde algunha empresa xa anuniciou baixadas de 6 e 8 centimos de euro nos contratos.

Neste encontro, no que tamén estivo presente o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, a Consellería comprometeuse a, no marco deste novo plan de control, supervisar o contido dos contratos que están a piques de ser asinados para verificar que seguen de xeito escrupuloso o disposto na lexislación. A maiores, realizaranse novas accións para verificar a trazabilidade do leite e detectar así posibles incumprimentos no etiquetado respecto á súa orixe, dado que según Unión Agrarias estense detectando entradas de camións de fora con leite a precios máximos de 0,20 céntimos de euro. Este sindicato anunciou a presenza de piquetes informativos para parar estas entradas de leite a prezos baixos co claro perxuicio para os pandeiros e o uso indebido de etiquetaxe por algunha industrias.

PUBLICIDADE

Esixencias ao Goberno central por parte da Xunta

Do mesmo xeito, María José Gómez adiantou que se lle instará ao Goberno central para que, a través da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), realice unha inspección exhaustiva dos contratos do leite ante a súa renovación, para facer cumprir así a lei da cadea alimentaria. Tamén se solicita a intervención da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para avaliar unha posible competencia desleal dos excedentes que están entrando a España doutros países da UE. 

A maiores, e tal e como xa avanzó o presidente da Xunta esta mesma semana, cómpre que o Goberno central convoque ás comunidades autónomas e valore que medidas tomar neste contexto, especialmente a nivel fiscal. A conselleira reclamou unha redución dos impostos na enerxía eléctrica, o gasóleo, os plásticos e os fertilizantes, co fin de paliar as implicacións que está a ter esta situación no sector agrogandeiro.

As diferentes medidas anunciadas hoxe pola Consellería levaranse a cabo de xeito prioritario e inmediato, sobre todo porque o Goberno galego non defenderá nin apoiará unha baixada nos prezos que perciben os gandeiros, especialmente neste contexto. “Non podemos entender unha baixada pronunciada”, manifestou María José Gómez na rolda de prensa.

Deste xeito, para a vindeira semana están previstos encontros coas principais industrias lácteas de Galicia e, en días posteriores, coas cadeas de distribución. Nestas reunións exporanse as medidas que se van desenvolver por parte da Consellería do Medio Rural e apelarase á corresponsabilidade de todos os axentes da cadea de valor para garantir o futuro do rural galego

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.