Roberto Verino, reabriu as portas da súa emblemática tenda na Coruña tras unha completa renovación.
Esta reapertura enmárcase dentro do ambicioso plan estratéxico da compañía, que busca modernizar os seus espazos de venda e fortalecer a súa presenza tanto a nivel nacional como internacional.
A tenda da Coruña, situada nunha localización privilexiada do centro da cidade, foi redeseñada para ofrecer unha experiencia de compra 360º e aliñada cos valores da marca.
O novo concepto de tenda, que xa se implementou noutros establecementos crave como os de Serrano (Madrid), Sevilla ou Valencia, aposta por espazos máis amplos, luminosos e sostibles, cun enfoque centrado no cliente e na calidade do servizo.
A reapertura da tenda da Coruña coincide cun momento de crecemento para a compañía, que rexistrou un incremento do 17% nas súas vendas respecto ao ano anterior. Este crecemento viuse impulsado polo bo desempeño xeneral de toda a organización e a apertura de catro novos puntos de venda no Corte Inglés en España e un en Portugal, así como pola consolidación da súa presenza en mercados internacionais como México e Portugal.
No marco do seu plan estratéxico, Roberto Verino ten previsto continuar coa renovación das súas tendas máis emblemáticas, incluíndo os principais puntos de venda no Corte Inglés, co obxectivo de completar este proceso durante 2025 e 2026.
Ademais, a firma planea novas aperturas en Portugal e México, reforzando a súa aposta pola internacionalización e a expansión do seu modelo de negocio. Con esta reapertura, Roberto Verino reafirma o seu compromiso con Galicia e coa cidade da Coruña, onde a marca ten raíces moi sólidas. A renovada tenda busca ofrecer aos clientes unha experiencia de compra que combine innovación, modernidade, sen deixar atrás a filosofía da firma de crear moda atemporal e de calidade coa que ser ti mesmo.