PUBLICIDADE

Cedeira inviste 89.000 euros no saneamento da rúa Moeche

Cedeira renovará a instalación do saneamento co financiamento do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.Cedeira renovará a instalación do saneamento co financiamento do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

O Concello de Cedeira adxudicou as obras de mellora do sistema de saneamento da rúa Moeche. A actuación terá un custe de 88.809,97 euros e un prazo de execución de dous meses.

Segundo o goberno local, a previsión é que a empresa contratada poida dar comezo canto antes. Trátase dunha intervención necesaria para rematar cos problemas das canalizacións actuais en momentos de choivas intensas.

Para esta instalación, Cedeira conta con financiamento do Fondo de Compensación Ambiental, que xestiona a Xunta de Galicia e que se nutre do canon que aboan os parques eólicos. O proxecto abrangue a implantación de redes separativas de augas residuais e pluviais na rúa Moeche. Ademais, conectaranse todas as baixantes da auga de choiva, que agora verten directamente ás beirarrúas. Finalmente, reporase o firme afectado pola actuación.

PUBLICIDADE

A rúa Moeche ten actualmente unha rede unitaria de sumidoiros, onde se conectan as augas residuais dos edificios e as pluviais recollidas polas baixantes e sumidoiros. Parte da recollida de augas pluviais de rúas perpendiculares conectan á mesma rede. Así pois, en épocas de fortes choivas, prodúcense atoamentos e un funcionamento inaxeitado do sistema.

Parte dos pozos existentes presentan un estado de conservación precario, así como conexións executadas de forma deficiente. Asemade, coexisten colectores de formigón antigos con conexións executadas recentemente de PVC e polietileno.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.