PUBLICIDADE

O XI Psicotroita chega esta fin de semana a Oroso con Familia Caamagno, Mujeres ou Eel Men

A formación catalá, Mujeres, actuará o sábado 26 a partir das 21:30 horas no Paseo do CarboeiroA formación catalá, Mujeres, actuará o sábado 26 a partir das 21:30 horas no Paseo do Carboeiro

O XI Psicotroita, que se desenvolverá no Paseo do Carboeiro de Sigüeiro, ofrece un cartel que combina diferentes estilos musicais dende o rock á psicodelia

O XI Psicotroita, que este ano cumpre a súa undécima edición, arrinca esta fin de semana, os días 26 e 27 de setembro, no Paseo do Carboeiro, cunha programación que combina diferentes estilos musicais como rock, punk, garage, surf, psicodelia e outras propostas sonoras contemporáneas.

O Paseo do Carboeiro, en Sigüeiro, foi o escenario escollido da presentación oficialmente dun festival que, ano tras ano, se foi consolidando como unha das citas musicais máis singulares da programación cultural de Oroso. A undécima edición conta cunha programación que volverá apostar pola diversidade de estilos e pola presenza de formacións galegas, estatais e internacionais.

Marcos Gómez, comisario do Xacobeo 2027, destacou precisamente, durante a presentación a primeiros de mes, a personalidade propia do festival e a súa capacidade para construír unha experiencia arredor da música, da festa e do encontro entre o público e os artistas, salientando a importancia de propostas que achegan diversidade ao panorama musical galego.

PUBLICIDADE

O cartel desta edición reúne propostas moi diferentes entre si, pero cun denominador común: a personalidade e a aposta por estilos afastados das fórmulas máis previsibles. Así os asistentes gozarán, dun dos poucos festivais de balde, coa música da formación local Familia Caamagno e a Orquestra do Quince, Rager, a formación catalá Mujeres, Los Tiki Phantoms, Pladür, Wanda Bulula, os ingleses Eel Men, a Orquestra Nerverloura, Rolando Bruno e das picadiscos Pídechas o corpo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.