PUBLICIDADE

Cedeira inicia obras de saneamento na rúa Moeche

PorBisbarra

Martes, 13 Outubro 2026 , ,
Cedeira inicia a intervención na rúa Moeche, cun custe de 88.809 euros.Cedeira inicia a intervención na rúa Moeche, cun custe de 88.809 euros.

O goberno local de Cedeira informa de que xa deron comezo as obras de saneamento na rúa Moeche, situada no casco urbano. Trátase dunha actuación contratada por 88.809 euros. O obxectivo é acabar cos problemas que rexistraban as vellas canalizacións en momentos de choivas intensas. Ao mesmo tempo, avánzase na implantación da rede separativa no municipio.

A obra conta con financiamento do Fondo de Compensación Ambiental. O Concello de Cedeira conta con esta achega por acoller no seu territorio muíños e demáis instalacións de enerxía eólica.

Ata agora, a rúa Moeche contaba ata cunha rede unitaria de sumidoiros. A ela conectábanse as augas residuais dos edificios e as pluviais recollidas polas baixantes e sumidoiros. Á mesma rede está conectada tamén parte da recollida de augas pluviais de rúas perpendiculares.

PUBLICIDADE

A actuación ten un prazo de execución de dous meses. Consistirá na instalación dun novo sistema de saneamento con recollida separada para as augas residuais e as pluviais, conectando todas as baixantes da auga de choiva que ata o de agora vertían directamente ás beirarrúas. Ao rematar, reporanse os firmes e as beirarrúas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.