PUBLICIDADE

A XXVIII Feira da Plantación congregou a milleiros de persoas nunha edición “de loucura”

XXVIII Feira da Plantación de San Sadurniño que se desenvolveu na finca da Cortiña ao pé do paseo fluvial do Xubia (Fotos: César Galdo)XXVIII Feira da Plantación de San Sadurniño que se desenvolveu na finca da Cortiña ao pé do paseo fluvial do Xubia (Fotos: César Galdo)

A Feira da Plantación de San Sadurniño foi todo un éxito de asistencia e participación, nunha xornada que combinou a venda de plantas e produtos agroalimentarios cos sorteos, a música tradicional e outras actividades

A finca da Cortiña, no paseo fluvial do Xubia, acolleu o pasado 27 de abril a XXVIII Feira da Plantación, organizada polo Concello de San Sadurniño e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da empresa Vivergal que doou, como todos os anos, as plantiñas coas que se agasalla ás persoas que se achegan ata a feira.

A XXVIII Feira da Plantación foi todo un éxito de participación e asistencia, nunha xornada na que o bo tempo atraeu a moita xente da comarca e de toda Galicia dende primeira hora da mañá, nunha feira na que ademais da tradicional venda de plantas e produtos agroalimentarios, los asistentes puideron gozar dos sorteos, da música tradicional de Vai Rañala Meu e doutras actividades.

A organización confirmou a alta afluencia de público empregando unha Intelixencia Artificial para analizar unha fotografía tomada ás 12:30 horas, e da que se desprendeu que unhas 1.500 persoas percorrían os sendeiros da Feira da Plantación e os espazos de estacionamento nos que había uns 750 vehículos, aínda que suxire que a cifra total de asistentes foi aínda superior.

PUBLICIDADE

Estamos satisfeitos, a Feira da Plantación está funcionando moi ben, con moitísima xente, diría que moita máis que o ano pasado e con máis postos” (Raquel Piñeiro, concelleira de Axenda 2030 e Participación)

A todo isto, hai que engadir que esta nova edición da Feira da Plantación de San Sadurniño tamén medrou en múmero de postos con 73 fronte aos 62 do 2024. Ademais, os expositores consultados confirmaron tamén o bo ritmo de vendas. “Non paramos ni un minuto dende as sete da mañá ata as dúas da tarde, isto foi unha loucura”, aseguraba Micaela Campanini de Herbas de Caaveiro e Viveiros Flor Galicia, que explicou que as plantas que máis venderon foron as aromáticas, principalmente alfábega, ou variedades menos habituais como o eneldo ou o estragón, mais tamén as ornamentais tipo vivaz.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.