Fotos: Mónica Montero
O Son do Camiño 2025, que a finais de maio xa vendera todas as entradas, reuniu no compostelán Monte do Gozo a máis de 125.000 persoas durante tres xornadas do festival máis importante de Galicia. Nesta nova edición, a organización apostou de novo por un cartel multixeracional, pensado para todas as idades e gustos musicais.
Así os miles de asistentes ao Son do Camiño, uns 42.000 por xornada, puideron gozar dende o xoves 12 ata o sábado 14 de xuño, de doce horas diarias de música en directo, coas actuacións dos artistas máis actuais como Duki, Nil Moliner, Bad Gyal, Carolina Durante, Amia ou Steve Aoki, ou de músicos e grupos dos oitenta, noventa e principios de século como Bryan Adams, Franz Ferdinand, Kase.O, Estopa, The Prodigy ou Amaral, entre outros.
Tamén, O Son do Camiño volveu instalar o seu escenario Electro by Repsol, pensado para os amantes da música electrónica. Un escenario ao que se subiron DJs como Dennis Cruz, Adiel, Andrés Campo, Benwall, Bárbara Lago ou Adiel, entre outros.



































