Os pilotos e copilotos Javier Pardo, Cohete Suárez, David de la Puente e Alberto Iglesias particparon nunha charla coloquio aberta participativa e organizada pola Deputación de Ourense co gallo do 63º Rali de Ourense
Pilotos e compilotos relevantes do panorama nacional reuníronse, onte mércores no Pazo dos Deportes Paco Paz da cidade das Burgas, para participar nunha charla coloquio co gallo da disputa da 58ª edición do Rali de Ourense, proba puntuable para o Supercampionato de España. Así os pilotos e copilotos Javier Pardo, Cohete Suárez, David de la Puente e Alberto Iglesias ofreceron aos asintentes unha charla organizada pola Deputación de Ourense.
Durante o acto, o presidente provincial, Luis Menor, lembrou que dende a Deputación existe unha clara aposta polo deporte, en especial polo deporte de base, “porque é esencial que a xente faga deporte e o disfrute”, así como polo turismo deportivo, con diversidade de oferta e organizando e apoiando eventos de calidade co que se consegue atraer a un perfil de turista que, ademais de disfrutar da práctica como afeccionado, realiza un gasto importante “contribuíndo á desestacionalización e desenvolvemento económico local”.
O piloto alaricano Javier Pardo apuntou que iniciativas como esta que levou a cabo a Deputación de Ourense “son unha boa forma de acercar aos afeccionados deste deporte e darlle visibilidade a quenes aínda non o coñecen”.
O piloto explicou que lle gusta compartir tempo cos seguidores xa que durante as xornadas de rali “é imposible atender a todos aqueles que nos brindan o seu apoio, e deste xeito tratamos de devolverllo”, xa que ademais, tras finalizar a charla participativa, os pilotos e copilotos asinaron autógrafos.
Un dos pilotos con maior sona do país é o asturiano Cohete Suárez, calificou de “destacable que unha institución pública aposte por ese tipo de eventos, brindándolle a oportunidade a toda a poboación de acchegarse un pouco mais ao noso deporte”, sinalou Cohete. O piloto asturiano apuntou que “eventos así motivan á xente mais nova a loitar e tentar chegar ate o mais alto deportivamente”.






