O acto de presentación da 63ª Festa do Pulpo do Carballiño estivo dirixida pola xornalista Leticia Iglesias, carballinesa que según avanzou o Concello será nomeada embaixadora da festa
A 63ª Festa do Pulpo de O Carballiño botou hoxe a andar na Casa de Galicia de Madrid. Foi o escenario da presentación desta nova edición que está adicada á vila irmá do norte de Italia, Noventa Padovana, e que se desenvolveu cando restan menos de dous meses para a cita cultural e gastronómica, o vindeiro 10 de agosto.
Máis dun cento de persoas acudiron esta mañá á presentación da 63ª Festa do Pulpo do Carballiño e na que os asistentes pudieron degustar ademais o prato estrela da vila do Arenteiro: o pulpo á feira, cociñado por unha pulpeira carballiñesa.
O tenente alcalde, José Rafael Castro, aproveitou a ocasión para lanzar unha invitación aberta aos presentes, non són a participar na Festa do Pulpo, senon tamén a visitar O Carballiño “en calquera época do ano”, aproveitando así a alta velocidade que une Madrid con Ourense en pouco máis de dúas horas.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, puxo en valor o irmandamento coa localidade italiana Noventa Padovana, que cada mes de outubro celebra a Fiera del Folpo, unha festa que tamén xira en torno ao cefalópodo e á que acuden milleiros de persoas a gozar da gastronomía, a cultura e a tradición.
Ademais, Dacal puxo en valor a evolución e historia da Festa do Pulpo do Carballiño, que comezou hai 63 anos “como unha reunión de amigos e familias arredor dunha caldeira de pulpo” e logrou converterse nunha das romarías gastronómicas “máis populas do país e con máis fama internacional”. De feito, esta é a terceira edición como Festa de Interese Turístico Internacional.
A presentación estivo conducida pola xornalista Leticia Iglesias, carballiñesa cunha longa traxectoria en medios de comunicación nacionais (actualmente, é conductora dos informativos de Telecinco). O edil de turismo do Carballiño agradeceu a súa participación, e avanzou que Iglesias será nomeada embaixadora da Festa do Pulpo.
O alcalde de Noventa Padovana, Marcello Bano, e o seu concelleiro de Turismo, Davide Lafelice, tamén acudiron ao acto e agradeceron a acollida por parte do Carballiño e enxalzaron a Festa do Pulpo, que puideron coñecer na edición do ano pasado.
O irmandamento entre ambas vilas é moi valiosa, non só a nivel gastronómico, senon tamén no eido cultural e etnolóxico: “As cousas que vos importan son as cousas que nos importan: o patrimonio cultural, os produtos da nosa terra, as técnicas e receitas que cada comunidade transmitiu de xeración en xeración para perfeccionalas cada vez máis”, indicaron os representantes da vila italiana.
Pola súa banda, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, destacou a internacionalización da Festa do Carballiño e a súa importancia como a romería gastronómica máis popular de Galicia.
José Rafael Castro e Manuel Dacal fixeron entrega de dúas esculturas de pulpeiras a Leticia Iglesias e a Luis E. Ramos, como mostra de agradecemento.







