PUBLICIDADE

Constituída a xestora local do PP de Allariz

PorBisbarra

Venres, 13 Xuño 2025 , ,
O Partido Popular de Allariz escolleu a José Benito Grande para presidir a xestora local.O Partido Popular de Allariz escolleu a José Benito Grande para presidir a xestora local.

O Partido Popular de Allariz constituíu a xestora da agrupación local. Así pois, está presidida por José Benito Grande, acompañado inicialmente por un equipo de cinco persoas. O acto, celebrado na sede do PP de Allariz, contou coa presenza do presidente provincial popular, Luís Menor, e da secretaria xeral, Sandra Quintas.

Menor explicou aos asistentes que esta xestora enmárcase nun intenso traballo para actualizar e ampliar a vida orgánica do partido. Un labor de “moita responsabilidade e moito compromiso” coa vista posta nas eleccións locais de 2027.

Nesta liña, pediu aos membros da xestora que traballen nun modelo propio de concello, falando coa xente e recollendo as súas inquedanzas. Engadiu ademais a necesidade de ampliar equipo, buscando a persoas que desexen sumarse a ese proxecto para Allariz.

PUBLICIDADE

José Benito Grande, que agradeceu as palabras do presidente provincial, afirmou que desde a nova xestora traballarán con total compromiso por deseñar ese modelo propio de concello co mellor equipo. “Faremos todo o posible para que sexa posible un goberno do PP en Allariz”, declarou.

Os presidentes provincial e local tiveron palabras para Luz Doporto, ata o momento presidenta da agrupación local, agradecéndolle o labor realizado e contando co seu traballo de apoio ao partido.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.