PUBLICIDADE

18 establecementos súmanse ao Outlet de Fene

PorBisbarra

Martes, 4 Marzo 2025 ,
Outlet Fene desenvolverase os días 7, 8 e 9 de marzo.Outlet Fene desenvolverase os días 7, 8 e 9 de marzo.

Un total de 18 establecementos feneses participarán esta fin de semana no Outlet de Fene. Esta iniciativa, impulsada polo Concello, pretende dinamizar o comercio local e fomentar as compras de proximidade. Durante os días 7, 8 e 9 de marzo, ofreceranse descontos especiais en produtos de moda, calzado, complementos, deporte, xogos…

Máis en concreto, os comercios adheridos son A Tenda Agasallos, Berline Boutique, Bualá, Calzados Locay, Cáprica Cómics y Juegos, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia, Koralli Boutique, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Costuras Mercería e Lencería, ZSR Zapatería, Un Pedacito de Mí e Mi Pachu.

O evento desenvolverase o venres e sábado, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h; e o domingo, de 11:00 a 13:30 h.

PUBLICIDADE

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, destacou que “o Outlet é unha ocasión perfecta para que os comercios locais dean saída ao seu stock e para que a veciñanza poida beneficiarse de importantes descontos sen saír de Fene”. Ademais, a edil sinalou que este tipo de iniciativas “axudan a dar visibilidade ao comercio local, fortalecer a economía do municipio e fidelizar clientela”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.